Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Estatística I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A8 A11 A12 B1 B2 B6 B7 C5 C6 Durante os diferentes obradoiros desenvolveranse probas e exercicios prácticos de dous tipos.
Exercicios tipo I) Exercicios individuais que os alumnos realizarán a proposta do profesor.
Exercicios tipo II) Exercicios en grupo que se basearán en boletíns proporcionados polo profesor e outras actividades complementarias.
Neste apartado o profesor pode realizar, se o cree adecuado, unha ou varias probas teórico-prácticas de corta duración de un o varios temas da asignatura.
20
Proba mixta B11 C8 As probas mixtas (unha ou mais de unha) avaliarán todos os contidos da asignatura. Será necesario obter unha nota mínima, definida polo profesor/a, como requisito para superar a asignatura, así como para que computen as restantes actividades que se avalían.
70
Aprendizaxe colaborativa A3 A21 B1 C5 C6 Desenvolvemento dun traballo (ou tarefas) en grupo. 10
 
Observacións avaliación

As probas de avaliación da materia realizaranse só nas datas previstas, agás en casos excepcionais suxeitos aos criterios do profesor.
O curso considerarase aprobado cando a nota total do curso sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10, e superase a nota mínima para as probas mixtas.
Os estudantes que superen o curso na primeira oportunidade, non poden non presentarse na segunda oportunidade.
A titoría en grupo farase fóra do horario normal da clase. Dito horario será comunicado a cada grupo con bastante antelación.
Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación, polo tanto o exame final, considerado como Proba Mixta seguirá sendo o 70% da nota. Para acadar o 100% da nota nesta segunda oportunidade o profesorado indicará que actividades de avaliación serán necesarias realizar. O estudantado que queira optar a esta opción deberá ter en conta que a nota definitiva de avaliación continua será a que obteña nesta segunda oportunidade, perdendose o obtido durante a primeira. As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán específicas para esta oportunidade, que se avaliará mediante unha única proba mixta, o que suporá o 100% da cualificación final.
Os estudantes con dedicación a tempo parcial ou renuncia académica á asistencia a clase serán evaluados cos mesmos criterios que os estudantes a xornada completa.
Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno cando só participe en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% na nota final, independentemente da nota acadada.
Está prohibido o acceso á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.
O alumno deberá demostrar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.


As titorias, e titorias de grupo reducido realizaránse sempre de modo non presencial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes