Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Matemáticas II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Matemáticas II Código 650G01010
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Pereira Saez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.pereira@udc.es
Profesorado
Pereira Saez, Maria Jose
Seijas Macias, Jose Antonio
Correo electrónico
maria.jose.pereira@udc.es
antonio.smacias@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é introducir ao estudantado nos fundamentos do calculo diferencial de varias variábeis e a programación matemática, que serán precisos para a aprendizaxe do resto das materias do grao e para o seu futuro profesional. O estudante deberá comprender os conceptos básicos presentados e os resultados que os relacionan e aplicar de xeito correcto e con rigor estes coñecementos para a resolución práctica de problemas. Fará-se unha especial énfase na aplicación dos contidos do curso a problemas de natureza económica e na interpretación dos resultados obtidos. Ademais, preténdese axudar ao estudantado a desenvolver competencias xenéricas tais como a capacidade de análise e síntese, capacidade de razoamento lóxico, capacidade de resolución de problemas, espírito crítico, aprendizaxe autónomo, ou a habilidade para pescudar e utilizar información procedente de distintas fontes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos -Eliminarase o Tema 8. Programación Lineal 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Os profesores da materia estarán dispoñibles en Teams no horario de titorías ou previa petición por parte do alumnado para resolver dúbidas. *Metodoloxías docentes que se modifican As sesión de aula alternarán entre a presencialidade e a virtualización a través da plataforma Teams no caso de docencia semipresencial e se realizarán exclusivamente mediante ferramentas telemáticas (Teams) no caso de non ser posible a docencia presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Empregarse o correo electrónico en función da demanda do alumnado. -Titorías via Teams no horario previamente establecido polo profesorado. -A través dos foros e a sección de avisos de Moodle tamén se atenderán as necesidades dos estudantes. 4. Modificacións na avaliación -A avaliación será sempre a mesma. No caso de que o exame non poida realizarse de xeito presencial terá lugar a través de ferramentas telemáticas. *Observacións de avaliación: -As mesmas que no caso de presencialidade. Durante a realización dos exames o estudantado non poderá manter contacto con outras persoas e o profesorado poderá solicitar que active a súa cámara e se identifique mediante DNI ou equivalente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía -Os dous seguintes manuais están accesíbels como libro electrónico a través da web da biblioteca. F. J. Martínez Estudillo (2005). Introducción a las matemáticas para la economía. Descleé De Brouwer, Bilbao K. Sydsæter, P. J. Hammond y P. Carvajal (2012). Matemáticas para el análisis económico. Madrid, Pearson
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes