Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Matemáticas II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Durarán unha hora e consistirán na presentación da materia
Proba de resposta múltiple Haberá varias probas deste tipo. Estas probas constarán de preguntas relativas a conceptos teóricos e prácticos aboradados nas clases de sesión maxistral, de solución de problemas e seminarios mediante preguntas de resposta múltiple.
Proba mixta Ao final do cuadrimestre haberá unha proba mixta (teórica e práctica). Esta proba será realizada na data oficial de avaliación que determine o centro para esta materia.
Seminario Realizaranse varios seminarios de carácter eminentemente práctico dirixidos á resolución de dúbidas ou dificultades que podan xurdir coa materia. Estes seminarios serán preferentemente presenciais, salvo causas de forza maior.
Sesión maxistral Haberá un total de 15 horas de clase maxistral, que estarán centradas na exposición dos contenidos de carácter mais teórico.
Proba práctica O estudantado realizará varias probas prácticas ao longo do cuatrimestre onde terá que resolver problemas ou cuestións. As respostas serán por escrito e terán que estar debidamente xustificadas.
Solución de problemas Haberá un total de 25 horas de clase de solución de problemas, que consistirán na exposición e realización dos contidos prácticos dos diferentes temas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes