Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Matemáticas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A21 B2 B5 B7 B14 C4 Ao longo do curso haberá probas de resposta múltiple, a súa ponderación na avaliación final é do 20% (2 puntos). 20
Proba mixta A21 B2 B5 B14 C1 O exame final (presencial) suporá un 60% da cualificación final (6 puntos). Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceitos, a utilización de razonamentos axeitados, a boa utilización da linguaxe matemática e a destreza no planeamento e resolución dos problemas.
60
Proba práctica A21 B2 B5 B14 C1 Realizaranse probas presenciais de resolución de problemas. A súa ponderación na calificación final é dun 20% (2 puntos). Nesta proba valorarase especialmente a capacidade de razoamento matemático do estudiantado. 20
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións de realización dos exames e as probas, e
identificación do estudantado
 

Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de
información. Poderá denegarse a entrada á aula do exame con este tipo de
dispositivos. Non se admitirán os exames escritos con lapis. Os alumnos deberán
identificarse mediante DNI ou equivalente para a realización das probas de
avaliación. 

2- Utilización de calculadora

As calculadoras que se poden utilizar non deben ter NINGUNHA das
seguintes características: Posibilidade de transmitir datos, ser programábeis,
pantalla gráfica, resolución de ecuacións, operacións con matrices, cálculo de
determinantes, derivadas e/ou integrais, armazenaxe de datos alfanuméricos.
Cando posua algunha destas características será retirada. Se durante o percurso
da proba se constatase o uso dunha calculadora non permitida, adoptaranse as
mesmas medidas que cando o estudantado está copiando.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN

1. Cualificación de non presentado

Otorgaráse a cualificación de NON PRESENTADO ao
estudante que só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da
cualificación obtida

2Estudantado a tempo parcial (ou con dispensa de
asistencia)

Será avaliado acorde as mesmas normas que o resto do estudantado.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

1. Primeira oportunidade

Avaliación continua

A avaliación continua consistirá na realización de probas
tipo test (proba de resposta múltiple) e a realización de probas de
resolución de problemas (proba práctica) na aula. A avaliación continua pondera
un 40% do total da cualificación final.

Exame final

Realización dunha proba mixta. Pondera un 60% da cualificación
final. 

Ademais o alumnado poderá obter ata un punto por participación
activa nas clases, seminarios e titorias persoais, que se sumará á
cualificación obtida na avaliación continua e no exame final.

2. Segunda oportunidade

Na segunda oportunidade haberá unha única proba mixta,
e a cualificación será a máis alta das dúas seguintes opcións:

- Suma das puntuacións obtidas na avaliación continua na primeira oportunidade (máximo
catro puntos das probas de resposta múltiple e prácticas realizadas) e na proba
mixta da segunda oportunidade (máximo seis puntos)

- Cualificación obtida na proba mixta da segunda oportunidade puntuada sobre dez.

3. Convocatoria adiantada: A cualificación final do estudante que solicite a
convocatoria adiantada será a obtida no exame presencial valorado sobre 10
puntos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes