Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Réxime Fiscal da Empresa I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A3 A7 B1 B3 B4 B5 C1 É un exame escrito que consitirá na liquidación do IRPF. 50
Proba de resposta múltiple A3 A7 B3 C1 Consiste en formular unha cuestión e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. 25
Solución de problemas A1 A2 A5 A7 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A20 A23 B2 B6 B7 B11 B12 B13 C2 C3 C6 C7 Resolución de exercicios e supostos prácticos de liquidación que deberá entregar 25
 
Observacións avaliación

A)        NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.         Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame
con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información.

 2.         Identificación do estudantado: O estudantado ha de acreditar a súa
personalidade de acordo coa normativa vixente.

 

B)        TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.         Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só
participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

 2.         Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
: Excepto para as datas aprobadas na
Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas
acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa
súa dedicación.

 

C)        OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1.         Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación
anteriormente indicados nesta sección.

2.         Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación:

 Proba obxectiva: 50%

 Proba de resposta múltiple: 50%. Se un estudante desexa manter a súa puntuación da evaliación continua non debe
presentarse á proba de resposta múltiple. En caso de presentarse
será a cualificación desta última a que se sumaría, no seu caso, ás notas da proba obxectiva

3.         Convocatoria adiantada: A avaliación realizarase mediante unha proba obxectiva 100%

 

D)        OUTRAS OBSERVACIÓNS DE
AVALIACIÓN:

1.         Na avaliación só se sumará a cualificación da proba obxectiva cando esta sexa igual ou superior a 1,75 sobre 5 (3.5 sobre 10)

2.         O estudantado poderá
mellorar a súa cualificación na avaliación continua, en 1 punto como máximo,
mediante a súa participación en actividades académicas desenvolvidas polo
centro e recomendadas polo profesor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes