Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución á Socioloxía Industrial e da Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A19 A18 A17 A16 A12 A11 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A1 C2 Control de asistencia ás sesións maxistrais nas que se explican os fundamentos teóricos da materia. 10
Obradoiro A20 A21 A23 A24 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B12 C3 C5 C6 C7 C8 Exercicios, prácticas individuais ou en grupo realizados en clase e entrega de traballo final 45
Presentación oral B4 B5 B10 B14 C1 C4 Exposición oral de traballo final individual ou en grupo. 10
Traballos tutelados A1 A8 A9 A11 A16 A17 A18 A19 A23 B3 B5 B6 B7 Metodoloxía diseñada para promover a aprendizaxe autónoma, baixo a tutela do profesor e basada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe. 35
 
Observacións avaliación

No caso de que o estudiante solicite a convocatoria adiantada este será avaliado a través dunha proba obxectiva con preguntas de desenvolvemento relativas á parte teórica da materia. Na devandita proba obxectiva o estudante terá que alcanzar un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. A ponderación desta proba nesta convocatoria será do 100%.

Na convocatoria correspondente á 1ª oportunidade contémplanse dous sistemas de avaliación:

a) Os estudantes matriculados que sigan o curso de maneira presencial e se acollan á modalidade de avaliación continua serán avaliados en base a tres criterios: 1) a súa asistencia ás sesións maxistrais e participación (10% da cualificación final); 2) entrega de prácticas e traballos realizados nos talleres (45% da cualificación final); c) entrega do traballo final (35% da cualificación final); e d) exposición oral do mesmo (10% da cualificación final). A suma das puntuacións obtidas en cada un dos apartados constitúen o 100% da cualificación final.

b) Os estudantes matriculados que non sigan o curso de maneira presencial e aqueles que se acollan a dispensa académica ou tempo parcial deberán realizar a proba obxectiva da parte teórica da materia na data das convocatorias oficiais de primeira e segunda convocatoria. Neste caso, a nota do exame representará o 100% da súa cualificación final.

Na convocatoria correspondente á 2ª oportunidade os estudantes serán avaliados a través dunha proba obxectiva da parte teórica da materia. Neste caso, a nota do exame representará o 100% da súa cualificación final.

A cualificación de Non Presentado corresponde ao alumno cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes