Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución á Socioloxía Industrial e da Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de exercicios, prácticas individuais e en grupo nos que se aplicarán os contidos teóricos e coñecementos adquiridos na materia. 60
Proba obxectiva A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 Os estudantes realizarán nas datas correspondentes ás convocatorias oficiais un exame sobre os contidos teóricos da materia explicados nas clases maxistrais. 40
 
Observacións avaliación

Convocatoria de primeira oportunidade: Os estudantes serán cualificados en base aos seguintes criterios de avaliación: 1) realización de prácticas e traballos levados a cabo nos talleres (60% da cualificación); e b) exame sobre os contidos teóricos da materia (40% da calificación). 

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Co fin de que os estudantes poidan obter a máxima puntuación, na data oficial correspondente á segunda oportunidade (así como na convocatoria adiantada) a avaliación consistirá na realización dun exame sobre os contidos teóricos da materia que suporá o 100% da calificación. 

Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% na nota final, independentemente da nota obtida.

Estudantes con recoñecemento de dedicación parcial e exención de asistencia á exención de asistencia: o alumno deberá comunicarlle esta circunstancia á profesora ao comezo do curso para establecer un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Sistema antiplaxio: a profesora resérvase o dereito de non avaliar os traballos que presenten plaxio no seu contido (todas as actividades presentadas no marco da materia someteránse ao programa antiplaxio Turnitin).










Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes