Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución á Socioloxía Industrial e da Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de exercicios, prácticas individuais e en grupo nos que se aplicarán os contidos teóricos e coñecementos adquiridos na materia. 60
Proba obxectiva A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 Os estudantes realizarán nas datas correspondentes ás convocatorias oficiais un exame sobre os contidos teóricos da materia explicados nas clases maxistrais. 40
 
Observacións avaliación

Convocatoria de primeira oportunidade: Os estudantes serán cualificados en base aos seguintes criterios de avaliación: 1) realización de prácticas e traballos levados a cabo nos talleres (60% da cualificación); e b) exame sobre os contidos teóricos da materia (40% da calificación). Os estudantes teñen que acadar o aprobado tanto na parte práctica como na parte teórica da materia para facer a media entre ambas.

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Co fin de que os estudantes poidan obter a máxima puntuación, na data oficial correspondente á segunda oportunidade (así como na convocatoria adiantada) a avaliación consistirá na realización dun exame sobre os contidos teóricos da materia que suporá o 100% da calificación. 

Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% na nota final, independentemente da nota obtida.

Estudantes con recoñecemento de dedicación parcial e exención de asistencia: O estudante deberá comunicar esta circunstancia ó profesor ó comezo do curso e, excepto para as datas aprobadas en Xunta de Facultade para a proba obxetiva final, para as restantes probas acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Implicacións do plaxio: Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Directrices de xénero:

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporare a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.










Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes