Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Análise das Operacións Financeiras
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta 1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia, con preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.

2. O exame pode ser oral ou escrito. De non se publicar nada en contrario na páxina web da materia (Moodle) con 48 horas de antelación, o exame será escrito.

3. Celebraranse nas datas, horas e aulas que fixe oficialmente a Xunta de facultad.
Proba de resposta breve 1. Consisten nun exame sobre unha parte da materia e pode ser de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, de preguntas a desenvolver e de preguntas sobre supostos prácticos ou unha combinación delas.

2. O exame pode ser oral ou escrito. De non dicirse nada en contrario na convocatoria da proba en Moodle, o exame será escrito. A súa duración é de entre 20 e 60 minutos.

3. O grupo pode subdividirse para a realización das probas en cuantos subgrupos considerense axeitados
Sesión maxistral
Solución de problemas 1. Exposición e solución de exemplos prácticos acerca dos contidos teóricos.

2. As prácticas e exemplos se intercalan cos contidos teóricos co fin de facilitar a comprensión da materia.

3. Na solución dos exemplos prácticos o alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.

4. Formularanse exercicios a realizar polo alumno en horas non presenciais ou de traballo autónomo. En horas presenciais posteriores farase unha revisión dos exercicios na que o alumno pode intervir e abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno formule sobre o contido destas .
Seminario É un total de 4 horas adicionais de docencia a impartir ao longo do semestre en pequenos grupos de estudantes.
Realizaranse en tres sesións de 80 minutos nos meses de outubro, novembro e decembro respectivamente a través de Microsoft Teams e fóra do horario habitual de clase na data e hora acordadas co profesor.
Os obxectivos do seminario son:
a) Discutir co alumno calquera dúbida teórica sobre a parte de materia explicada ata ese momento
b) Resolución de exercicios da parte de materia explicada ata ese momento
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes