Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Organización de Empresas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A1 A14 A15 A16 A17 A19 A24 B3 B5 C7 Proba na que o alumno/a, de forma oral, debe dar respuestaa preguntas curtas ou de certa amplitude para valorar os seus coñecementos. 10
Proba obxectiva B1 B2 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Exame final da materia tipo test. 70
Análise de fontes documentais A2 A5 A6 A9 A11 A12 Uso de fontes de información adecuadas. Cada grupo debera expor en clase algún tema ou epígrafe da materia profundando no mesmo. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10 puntos na valoración global (Nota global=70%puntuación obtida na proba obxectiva + 20% nota obtida na análise de fontes documentais + 10% nota obtida na proba oral). Con relación á proba oral, cada alumno/á o longo do curso terá varias intervencións -o número de intervencións non está fixado de antemán. As preguntas orais que se formulen aos alumnos/as poderán ter lugar calquera día da semana que estime a profesora, sen necesidade de previo aviso, e en cada sesión intervirán varios alumnos/as chamados pola profesora. No caso de que a profesora chame a alumno/a e este alumno/a non se atope na aula -salvo causa xustificada- recibirá unha puntuación de cero. Tanto as probas orais como a análise de fontes documentales realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fose do periodo lectivo. ALUMNOS/AS CON DEDICACIÓN A tempo parcial E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA A avaliación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos/as con dedicación a tempo completo. Ao comezo do curso estes/as alumnos/as dirixiranse ao profesorado para fixar un calendario de actuacións específico de acordo coa súa disponibilidad para que deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE Para os/as alumnos/as que se presenten á convocatoria adiantada de novembro, a avaliación só se fará a partir dunha proba obxectiva e para aprobar necesitarán alcanzar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que se refire á 2ª oportunidade de xullo os criterios son os mesmos que os da primeira oportunidade, de tal forma que a nota de avaliación continua obtida arrástrase para formar a nota final. A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamiento de información. Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando o exame mediante calquera procedemento fraudulento asignaráselle unha nota de cero no exame (tanto na primeira oportunidade como en xullo)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes