Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Organización de Empresas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A3 A9 A12 A13 A14 A16 A17 A22 B5 B3 C4 C5 C6 C7 Preparación dos problemas xunto coa presentación e/ou discusión dos mesmos en clase. 15
Traballos tutelados A6 A9 A11 A16 A17 A18 A19 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C8 Traballo en grupo sobre os conceptos teóricos da materia xunto coa súa presentación e discusión en clase. 25
Proba de resposta múltiple B1 B2 B4 C1 C6 Exame final da materia. 60
 
Observacións avaliación

A avaliación consta de dúas partes:

1. Avaliación continua (solución de problemas e traballo tutelado): supón un 40% da cualificación.
2. Exame final: supón un 60% da cualificación.

As actividades de avaliación continua realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fora do período lectivo, dado que se realizan na súa totalidade ou en parte dentro da aula. En todas as presentacións orais que se establezan ao longo do curso, participarán obrigatoriamente todos os compoñentes do grupo responsable da súa elaboración. Gardarase a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade do exame, pero en ningún caso para cursos posteriores.

Para sumar a nota do exame final á nota da avaliación continua, é necesario obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final.  Para superar a materia a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. En caso de non alcanzar un 4 sobre 10 no exame (proba de resposta múltiple), a nota da materia será a obtida no exame ponderada polo 60%. Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Asemade, recórdase que calquera estudante que realice o exame ou calquera dos traballos ou problemas plantexados mediante calquera procedemento fraudulento, se lle asignará una nota de cero no mesmo.

Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de cada convocatoria (convocatoria adiantada, primeira e segunda).

Estudantes a tempo parcial e con dispensa académica: se lles aplicará o mesmo sistema de avaliación. Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías e entrega das actividades.

A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

A comunicación co alumnado efectuarase a través da plataforma Moodle e a través do correo oficial da UDC. É responsabilidade do alumnado consultar o seu correo oficial da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes