Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Organización de Empresas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A3 A9 A12 A13 A14 A16 A17 A22 B3 B5 C4 C5 C6 C7 Na cualificación inclúense: exercicios, estudo de casos e calquera outro tipo de probas que o profesor plantexe ó longo do período lectivo. 15
Traballos tutelados A6 A9 A11 A16 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C8 A cualificación estará formada pola obtida nos traballos tutelados realizados en grupo (a mesma para tódolos integrantes do equipo) e pola obtida na presentación oral do traballo e preguntas sobre o mesmo (que será individual para cada alumno/a). 25
Proba de resposta múltiple B1 B2 B4 C1 C6 Exame final da materia 60
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

A avaliación consta de dúas partes:

1. Avaliación continua (solución de problemas e traballo tutelado): supón un 40% da cualificación. 

2. Exame final: supón un 60% da cualificación.

As actividades de avaliación continua realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fora do período lectivo, dado que se realizan na súa totalidade ou en parte dentro da aula. En todas as presentacións orais que se establezan ao longo do curso, participarán obrigatoriamente todos os compoñentes do grupo responsable da súa elaboración. 

Para sumar a nota do exame final á nota da avaliación continua, é necesario obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final. Para superar a materia a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. En caso de non alcanzar un 4 sobre 10 no exame (proba de resposta múltiple), a nota da materia será a obtida no exame ponderada polo 60%.

Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Os criterios de avaliación e cualificación son exactamente iguais en tódalas oportunidades de avaliación.

Gardarase a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade, pero en ningún caso para cursos posteriores.

Os estudantes poderán mellorar a nota acadada na avaliación continua de cara a segunda oportunidade. Para ello, poderán presentar completo ou mellorar o traballo tutelado e poderán facer, na data oficial do examen, ademáis da proba de resposta múltiple, un o varios casos de empresas. 

OUTRAS OBSERVACIÓNS XENERAIS:

- A asistencia á clase é obligatoria.

- Os criterios de avaliación e cualificación son exactamente iguais en tódalas oportunidades de avaliación(Adiantada, Primeira e Segunda). Na convocatoria adiantada é posible a realización do estudo de casos para a obtención da puntuación correspondente por este concepto.


- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar esta circunstancia á profesora ao comezo do curso. Aplicarase o mesmo sistema de avaliación (coa particularidade de que o traballo tutelado poderaio facer a título individual).No caso deste alumnado, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultadeno que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio de curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.


- As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquera outra práctica ou exercicio proposto pola profesora estarán colgadas na plataforma Moodle.

- Calquera información, aviso. etc. notificarase aos alumnos por email ou Teams.


- A cualificación de Non presentado esixe que o alumno non teña participado en actividades de avaliación que superen o 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

- Se non se presenta ó exame un alumno que teña participado en actividades de avaliación que superen o 20% da nota final, a nota final nesa oportunidade será cero. 

- Os alumnos deberán acreditar a súa identidade dacordo coa normativa vixente.

- Calquera alumno/a sorprendido realizando probas de avaliación mediante calquera procedemento fraudulento terá unha nota de cero na oportunida decorrespondente.

- É responsabilidade do alumnado consultar a dirección de email que a UDC lles asigne.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes