Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Contabilidade Financeira II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B3 B4 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 50
Obradoiro B6 B7 Valorarase, a través de pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. 40
Proba de resposta múltiple A24 B1 Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O alumno que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ó alumno para que traballe de xeito continuado ó longo do curso e ii) fomentar a autonomía do alumno no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ó alumno pídeselle que:

a) Prepare, individualmente ou en grupo, as cuestións indicadas polo profesor para á súa discusión na aula. Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da sua preparación previa, como a habilidadepara presentar e defender o seu punto de vista fronte o dos seus compañeiros. Por esta via, o alumno pode compensar con ata 1 punto a cualificación total obtida ca evaluación continua (obradoiro e proba de resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (5 puntos)

b) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. Ó inicio dunha das dúas sesións de cada semana o profesor presentará ós alumnos un pequeno exercicio, similar ós propostos para realizar fora da aula, que cada alumno deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo profesor. Estes exercicios recolleranse e de todos eles o profesor valorará catro, elixidos aleatoriamente ó rematar o cuadrimestre.

En canto ó exame final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:

Cualificación de non presentado: Corresponde ó alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Condicións de realización do exame final: Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Avaliación da oportunidade de xullo: Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.

Avaliación da oportunidade adiantada: Esta debe realizarse mediante una proba para evaluar todos os contenidos y competencias de la materia con una cualificación del 100% de la nota.

Alumnos a tempo parcial: Aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que para o resto dos alumnos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes