Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Estatística II
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística I/650G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Introdución á Econometría/650G01024

Observacións

1.    REQUISITOS PREVIOS. Esta materia é a continuación da Estatística I de primeiro curso; por iso é recomendable que os alumnos estean familiarizados cos conceptos que se imparten na mesma, especialmente coas distribucións de probabilidade tanto discretas como continuas, o manexo das táboas de probabilidade e o teorema central do límite.

2.   ADAPTACION DA DOCENCIA PRESENCIAL A SEMIPRESENCIAL. Se a Facultade de Economía e Empresa determina que a docencia pase a impartirse de maneira semipresencial, seguiranse as instrucións ditadas polo decanato da devandita facultade e as clases que así se establezan  pasarán a impartirse por videoconferencia a través de Teams no horario que corresponda. Tanto o resto da actividade docente como os criterios de avaliación serán os mesmos que na modalidade presencial, polo que será válido todo o exposto nesta guía docente.

3.    INFORMACION DO CURSO.Toda a información do curso atoparase no Moodle xeral da materia e/ou nos dos grupos específicos creados para as diferentes titulacións e/ou grupos.

A principios de curso porase a disposición do alumnado unha guía complementaria e aclaratoria para cada un dos grupos e/ou titulacións. Entre outras cuestións, na guía explicaranse con máis detalle as actividades do obradoiro e os traballos tutelados e establecerase a cronoloxía de entrega dos boletíns de exercicios, das probas de avaliación de conceptos teóricos - prácticos e do traballo de curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes