Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Informática Aplicada á Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 A20 A24 B1 B3 B4 C1 Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. 40
Prácticas a través de TIC A4 A5 A9 A11 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Durante o curso valorarase o traballo e resultados do alumnado de forma continuada a través de boletíns de exercicios entregables, probas, participación en clase, etc.
15
Traballos tutelados A1 A5 A11 A12 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B12 C1 C2 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a calidade final do traballo, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal, mais tamén se terá en conta o proceso de desenvolvemento en si. As datas de entrega marcaranse durante o curso. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. 20
Solución de problemas A1 A5 A16 A20 A24 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a calidade dos resultados propostos para a resolución de varios problemas, aplicando os contidos aprendidos durante as sesións maxistrais. 25
 
Observacións avaliación


A)
NORMATIVA DE
AVALIACIÓN:

Para
superar a materia é preciso aprobar o Traballo tutelado e Proba mixta
(isto é, acadar, polo menos, o 50% da puntuación máxima de cada
proba). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a
cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.

  1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
  2. Identificación do estudante: O/a estudante ten que acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
  3. Plaxio: O plaxio parcial ou total suporá un 0 na avaliación de dita entrega ou proba.

B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:

  1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.
  2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as normas para a avaliación do traballo, solución de problemas e da proba mixta serán as mesmas que para o caso xeral. Porén, ao non poder acceder á avaliación continua das prácticas a través das TIC, para este alumnado establecerase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

  1. Primera oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.
  2. Segunda oportunidade:
    • De non superar o traballo tutelado na 1ª oportunidade, o alumnado poderá presentalo na 2ª oportunidade, nas datas de entrega que se establecerán durante o curso e se publicarán na web da materia no Campus Virtual.
    • O/a alumno/a que o solicite será avaliado das prácticas a través das TIC, por escrito, nas datas previstas oficialmente para a proba mixta.
    • O/a alumno/a poderá presentar as Solución de problemas nas datas de entrega que se establecerán durante o curso e se publicarán na web da materia no Campus Virtual.
    • O/a alumno/a poderase presentar ao traballo final ou á proba mixta no caso de que non superase a nota mínima esixida.
    • As avaliacións acadadas na 1º oportunidade gardaranse até a 2º oportunidade.
  3. Convocatoria adiantada: O alumnado será avaliado en todos os casos das catro partes por escrito. Así, para aprobar, deberá superar a proba mixta e o exame escrito para avaliar os conceptos correspondentes ao traballo tutelado. Tamén se fará un exame para avaliar os conceptos e exercicios relacionado coa solución de problemas e as prácticas a través das TIC.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes