Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Bases de Datos para a Empresa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Bases de Datos para a Empresa Código 650G01022
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
angeles.saavedra.places@udc.es
Profesorado
Bernardo Roca, Guillermo de
Saavedra Places, María de los Angeles
Silva Coira, Fernando
Correo electrónico
guillermo.debernardo@udc.es
angeles.saavedra.places@udc.es
fernando.silva@udc.es
Web
Descrición xeral As bases de datos para a organización da información no contorno empresarial: modelado da información e deseño conceptual de bases de datos. Creación e explotación da información: introdución a SQL, a linguaxe estándar de consulta de bases de datos; Microsoft Access. As bases de datos como soporte á toma de decisión xerencial: as bases de datos multidimensionais, Data mining, Data warehouse e OLAP.
Plan de continxencia 1. MODIFICACIÓN NOS CONTIDOS: Non hai modificacións nos contidos. 2. METODOLOXÍAS: *METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN: Prácticas a través das TIC e Traballos Tutelados. *METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN: Sesións maxistrais: impartiranse de forma presencial en Teams, en vez de na aula física, no mesmo horario fixado pola FEE para cada grupo da materia. Aproveitaranse as vantaxes de Teams para gravar as explicacións síncronas e/ou poranse a disposición do alumnado vídeos gravados polo profesorado fóra das horas de clase establecidas. 3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO: Mantéñense as Titorías individuais ou grupais a demanda do alumnado durante os horarios de titorías do profesorado, ou noutro horario acordado por ambas as partes. Desenvolveranse a través de Teams, preferentemente, mais tamén por Moodle, teléfono e email. Tamén se manteñen as Titorías grupais programadas: realizaranse unha ou dúas titorías grupais de cara a preparar a proba mixta. As datas estableceranse e publicaranse en Moodle, unha vez coñecidas as datas oficiais de exames en cada oportunidade. Realizaranse a través de Teams. 4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN: A proba mixta realizarase en Moodle en vez de nunha aula, nas datas oficiais que fixe a FEE en cada oportunidade. *OBSERVACIÓNS DA AVALIACIÓN: Mantense o requisito de ter que aprobar cada unha das tres partes (isto é, acadar o 50% da súa puntuación máxima) para poder aprobar a materia. Tamén se mantén a posibilidade de o profesorado solicitar da/o alumna/o a defensa de calquera das tres probas/traballos realizadas e presentadas. Esta defensa farase preferentemente a través de Teams, ou, de non ser posible, a través dun vídeo explicativo que a/o alumna/o achegue e/ou a través dunha conversa telefónica. 5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA: Non hai modificacións na bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes