Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Bases de Datos para a Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A4 A5 A9 A11 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Desenvolveranse no horario que a FEE programe para cada grupo.

Durante o cuadrimestre valorarase o traballo e resultados do alumnado de forma continuada a través de boletíns de exercicios entregables, probas, etc.

É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar coa avaliación continua a puntuación mínima esixida, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na segunda oportunidade.
30
Traballos tutelados A1 A5 A11 A12 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B12 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal, mais tamén se terá en conta o proceso de desenvolvemento en si. As datas de entrega marcaranse durante o curso.

É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima neste traballo para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar a puntuación mínima esixida na 1ª oportunidade, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na 2ª oportunidade.
30
Proba mixta A19 A20 A24 B1 B3 B4 C2 En cada oportunidade, desenvolverase nas datas oficiais que a FEE sinale para cada materia.

Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar a puntuación mínima esixida na 1ª oportunidade, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na 2ª oportunidade.
35
Solución de problemas A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A24 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os exercicios realizaranse e avaliaranse durante o cuadrimestre, e computarán para a cualificación final da materia.

Non é necesario acadar unha puntuación mínima nesta parte para superar a materia.
5
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

Para superar a materia é preciso aprobar o Traballo tutelado, as Prácticas e a Proba mixta (isto é, acadar, polo menos, o 50% da puntuación máxima de cada unha desas tres partes). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.

  1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do examen con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/o almacenamento de información.
  2. Identificación del estudiante: O/a estudante ten que acreditar a súa personalidade dacordo coa normativa vixente.
  3. Plaxio: O plaxio parcial ou total suporá un 0 na avalación de dita entrega ou proba. O profesorado poderá solicitar a defensa de calquera das probas/traballos.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:
  1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.
  2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tiempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as normas para a avaliación do traballo, solución de problemas e da proba mixta serán as mesmas que para o caso xeral. Porén, ao non poder acceder á avaliación continua das prácticas a través das TIC, para este alumnado establecerase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
  1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.
  2. Segunda oportunidade:
    • De non superar o traballo tutelado na 1ª oportunidade, o alumnado poderá presentalo na 2ª oportunidade, nas datas de entrega que se establecerán durante o curso e se publicarán na web da materia do Campus Virtual.
    • O/a alumno/a que o solicite será avaliado das prácticas a través das TIC, por escrito, nas datas previstas oficialmente para a proba mixta.
    • O/a alumno/a poderase presentar ó traballo final ou á proba mixta no caso de que non superase a nota mínima exixida.
    • As avaliacións acadadas na 1ª oportunidade gardaranse até a 2ª oportunidade.
3. Convocatoria adiantada: o alumnado será avaliado a través dunha única proba mixta que lle permitirá acadar o 100% da puntuación. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes