Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Contabilidade de Custos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A24 B4 B5 C1 C6 Exame escrito que incluirá cuestións teóricas e cuestións prácticas. 70
Solución de problemas A1 A2 A3 A7 A10 A12 A13 A14 A16 A18 A23 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B11 B12 B13 B14 C3 C4 C5 Presentación e entrega de pequenos problemas que terá que resolver por sí mesmo/a, e pequenas probas obxectivas nas que haberá de demostrar a asimilación dos termos básicos da materia e de diferentes procesos de cálculo das magnitudes esenciais do proceso de cálculo da Contabilidade de Custos. 25
Aprendizaxe colaborativa C1 C6 Asistencia a clase, participación nas clases, asistencia a conferencias, etc. Valorarase a calidade das súas opinións e aportacións. 5
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación na primeira oportunidade:

A
superación da materia precisará que o estudantado sexa valorado tanto
na sua participación na "solución de problemas", na "proba mixta" en na "aprendizaxe colaborativa".


Criterios de avaliación na segunda oportunidade:

A superación da materia precisará que o estudantado sexa valorado nunha "proba mixta" final cun peso do 100% da avaliación que incluirá cuestións teóricas e prácticas nas que o/a estudante terá que demostrar ter alcanzado as competencias e resultados da aprendizaxe da materia.

Outras consideracións:

- Cualificación de non presentado en calquera das oportunidades. Corresponde ao alumnado, cando so participe en actividades de avaliación cunha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

- Convocatoria
adiantada: proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación:
consistirá nunha proba mixta na que se incluirán cuestións
teóricas e prácticas na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e resultados de aprendizaxe da
materia.

- Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia. Poderá escoller ao inicio do cuadrimestre entre a avaliación xeral da materia exposta anteriormente, ou unha proba mixta cun peso do 100% sobre a
cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán
cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar
ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da
materia.

- Consonte a memoria de verificación dos graos da Facultade de Economía e Empresa, a asistencia a clase é obrigatoria, e terase en conta na avaliación final.

A cualificación mínima para obter un aprobado é de 5 (50%).

CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN:

  • está prohibido o acceso ás aulas de exame con
    calquera tipo de dispositivo que permita a comunicación co exterior
    e/ou o almacenamento de información, excepto naqueles casos nos que
    o profesorado responsable da materia así o estableza.


  • O/a estudante haberá de identificarse antes do inicio da
    proba utilizando calquera dos medios aceptados pola Universidade da
    Coruña


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes