Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución á Econometría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A2 A4 A5 B3 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C6 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. 30
Proba obxectiva A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. 70
 
Observacións avaliación
A) Todas as probas de avaliación son presenciais e non se poden sustituir con exercicios ou traballos. Para a súa realización, non se aceptarán cambios de grupo, agás aqueles outorgados oficialmente pola Facultade, que deben estar debidamente xustificados.

B) Oportunidades de xaneiro e xullo.

Para superar a asignatura deben obterse ao menos 5 puntos (sobre un total de 10)sumando as cualificacións correspondentes ás actividades desenvolvidas nos obradoiros e na proba obxectiva.

O sistema de avaliación será aplicado tal como se describiu nas dúas oportunidades e a todos os alumnos con independencia da súa situación académica. Os que teñan recoñecemento de dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas.

C)Oportunidade adiantada.

Única e exclusivamente nesta oportunidade, a avaliación realizarase con unha soa proba con estrutura similar á obxectiva de xaneiro e xullo, a que se lle asigna o 100 por cento do peso da
cualificación. O contido de dita proba é o temario completo que se describe nesta guía docente. Para superar a asignatura requírese obter un mínimo de 5 puntos (sobre un total de 10).

D)A cualificación de non presentado corresponde só aos alumnos que participen en actividades de avaliación con unha ponderación inferior ao 20 por cento do total.

E)Como é preceptivo, as probas réxense pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf_2063069239.pdf).Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10
(Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes