Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Dirección Financeira II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 Na primeira oportunidades, a avaliación obtense a partir dun conxunto de tarefas de avaliación continua de carácter mixto e contido teórico-práctico, a realizar como parte da actividade ordinaria do grupo. Descartarase a actividade con peor cualificación e o resto promediarase aplicando as ponderacións correspondentes.
Os alumnos con dispensa de asistencia proporán durante a pimeira semana lectiva do cuadrimestre un programa persoalizado para as súas tarefas, que debe respecta-lo ritmo de traballo do grupo e garanti-la igualdade; de non o facer, acomodaranse ó programa xeral do grupo.
100
 
Observacións avaliación

De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e
oscriterios de coordinación acordados para a área de Economía
Financeira,

  • Primeira e segunda oportunidade: avalíanse
    calculando a media dos resultados da avaliación continua e da proba
    final, coas ponderacións indicadas nesta guía. En ningún caso a proba
    final comprenderá o 100% da nota final, isto é, non existe a
    posibilidade de "renunciar" á avaliación continua.
  • Oportunidade
    adiantada: avalíase en función do resultado dunha proba mixta
    comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia, de
    acordo coa guía do curso inmediatamente anterior

Tódalas
probas deberán realizarse nas datas e horas sinaladas atal efecto; en
caso contrario computaranse como cero no cálculo da cualificación
global. Non se aplican excepcións diferentes das previstas expresamente
nanormativa académica. As datas das probas parciais serán fixadas polo
equipo docente da materia, atendendo o cuatrimestre no que se imparte a
materia encada titulación, e comunicadas con antelación suficiente. De
ser considerar necesario por razóns de organización e/ou equidade, as
probas parciais poderían programarse nunha franxa horaria común para
tódolos grupos.

A opción por un idioma concreto para a realización
das probas de avaliación deberá realizarse de maneira fehaciente e
sempre dentro da primeira semana lectiva do cuadrimestre.

Os
alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia serán avaliados calculando a
mediados resultados das probas de avaliación continua e a proba final,
coas ponderacións sinaladas nesta guía. Cando poidan acreditar razóns
obxectivas quelles impidan realizalas co seu grupo, estes alumnos
poderán solicitar oupropoñer, na primeira semana lectiva do
cuatrimestre, unha programación diferente para as probas parciais. Esta
proposta deberá respeta-lo ritmo de traballo do grupo e a equidade cos
restantes alumnos.

De conformidade coa normativa da Facultade,
cualificarase como "non presentado" exclusivamente ós alumnos que
desenvolvan tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación global do
curso, con independencia da cualificación acadada.

De se
considerar necesario, poderá publicarse un documento de “normas de
exame” con aclaracións adicionais de cara á realización das probas. En
calquera caso, non se permitirá o emprego de material de apoio en
ningunha proba, tanto de avaliación continua como final e/ou conxunto.

Durante
as aulas, salvo autorización expresa por parte dos profesores, os
móbiles, ordenadores, smartwatches, e calquera outro aparello
electrónico agás as calculadoras permanecerán en todo momento fóra
davista; durante os exames deberán ademais estar apagados. O
incumprimento destas normas ou o uso indebido destes aparellos serán
causas de expulsión da aula oudos exames, e neste último caso terán a
interpretación de fraude. A gravacióndas aulas e/ou as titiorías non
está permitida, e pode ser constitutiva de infracción prevista no Código
Penal.

A comisión de fraude poderá implicar que o alumno deba
examinarse de forma oral ante un Tribunal composto polo equipo docente
damateria, sen perxuizo doutras consecuencias académicas que se poidan
derivar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes