Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Sistema Financeiro Español
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sistema Financeiro Español Código 650G01028
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Castellanos Garcia, Pablo
Correo electrónico
pablo.castellanos@udc.es
Profesorado
Castellanos Garcia, Pablo
Correo electrónico
pablo.castellanos@udc.es
Web
Descrición xeral O Sistema Financeiro Español experimentou unha importante evolución nos últimos anos, en todo o que concirne á configuración das distintas institucións, mercados, produtos financeiros e estratexias competitivas entre os distintos intermediarios. O obxectivo desta materia é analizar a actividade financeira entre os distintos axentes económicos, cuxa contrapartida son os instrumentos financeiros. Complementario do anterior describiranse as características dos mercados financeiros e o seu funcionamento.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Ningunha. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas. *Metodoloxías docentes que se modifican - Clase maxistral: En función das circunstancias, será impartida, total ou parcialmente, a través de Teams, ou ben reemplazada, total ou parcialmente, por atención online a través de Moodle. -Estudo de casos: Levarase a cabo mediante Moodle. -Proba mixta: Realizarase a través de Moodle e tódalas preguntas serán tipo test. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico e Moodle (atención asíncrona). - Teléfono e Teams (atención síncrona). 4. Modificacións na avaliación Ningunha, en canto ó peso dos distintos items dela. As modificaciòns só afectan á instrumentación da avaliación (véxase punto 2 anterior). *Observacións de avaliación: Ningunha. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha. Nembargantes, facilitarase, a través de Moodle, material complementario de apoio ó alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes