Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Contabilidade de Sociedades
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B6 B7 B8 Avaliación do nivel de implicación do alumno mediante a súa axeitada participación na resolución das cuestión que se formulen. 20
Traballos tutelados B4 Resolución de casos prácticos sen resolver 10
Proba obxectiva B1 B2 B3 B4 B5 Examen escrito con preguntas teóricas e/ou resolución de casos prácticos 70
 
Observacións avaliación

Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Na segunda oportunidade,. os criterios de avaliación serán os mesmos que para a primeira oportunidade.

Para os alumnos que, podendo facelo, opten á OPORTUNIDADE ADIANTADA (decembro) a avaliación consistirá na realización dun único exame que valore a totalidade dos contidos e competencias da materia

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.

A formulación de casos e a súa solución, así como os controis que se fagan sobre os mesmos e os aspectos normativos asociados, poderanse realizar durante o desenvolvemento das clases e sen necesidade de aviso previo da realización dos devanditos controis. Todo iso require unha participación activa en clase por parte do alumno e un estudo actualizado do material facilitado.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes