Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Análise de Estados Financeiros
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A10 A14 A23 C1 Exame teórico-practico. 60
Solución de problemas A1 A2 A10 A14 A23 C1 C3 C6 Solución de casos prácticos, que poderán ser presentados oralmente. 40
 
Observacións avaliación

Os cuestionarios de exame se redactarán inicialmente en castelán. Os alumnos que desexen un enunciado en galego deberán solicitalo con unha antelación mínima de 15 días. 


Condicións de realización das probas mixtas:

Está prohibido acceder a aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior, ou almacenamento de información. As faltas de disciplina implicarán que o alumno deberá realizar oralmente as probas de avaliación.

Os casos prácticos deberán ser entregados ao longo do curso, dentro dos prazos marcados polo profesor. 


Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando solo participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación non superior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación obtida. 

Resolución de problemas: Pódense engadir ata 4 puntos (40% da avaliación total) pola realización e exposición oral ou escrita de prácticas individuais ou grupais. Para tal efecto, os cuestionarios propostos polo profesor deberán ser cumprimentados e enviados nos prazos establecidos. Para avaliar este apartado será necesaria unha asistencia mínima a clase do 70%. Se non se alcanza esta porcentaxe, valorarase con cero puntos.

Probas mixtas: Corresponde á proba ou probas de avaliación que se realizarán no período oficial de oposicións. Representa o 60% da puntuación total a acadar na primeira oportunidade.
Na segunda oportunidade, para poder recuperar a avaliación
continua da primeira oportunidade, tomarase a maior entre:

a) Cualificación acadada ao longo do curso nas metodoloxías
sesión maxistral e solución de problemas (avaliación continua, 60%); máis a cualificación acadada na proba mixta da segunda oportunidade (40%). 



b) Exclusivamente pola calificación acadada na proba mixta
da segunda oportunidade (100%)
Avaliación adiantada
No caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e soamente neste caso, realizarase unha proba oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.
 

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.

Outras observacións da avaliación:

1. A importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade e nos comportamentos persoais e profesionais

2. Traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e incidirase no medio para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais ou psíquicas, ou socioculturais, experimentan dificultades para un acceso adecuado, igualitario e rendible á vida universitaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes