Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Sistemas de Información para a Xestión Financeira da Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A9 A14 A24 B2 B3 B4 C3 1. Elaboración dun ou varios supostos prácticos plantexados polo profesorado da materia, como parte da avaliación continua, nos que se desenvolverán aspectos relacionados co contido da materia, sendo parte esencial da avaliación a discusión de o seu desenvolvemento co profesorado Para resolver estes casos, pode ser necesario empregar as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), e se se precisan entregas, serán en formato electrónico.

2. Os casos desenvolveranse en grupos de 4 a 6 alumnos. Excepcionalmente, e previa aprobación do profesorado da materia, permitirase outro número de alumnos por grupo.

3. Calquera dúbida sobre este apartado avaliativo deberá ser resolta, baseándose a solución na idea de "avaliación continua".
40
Proba mixta A1 A4 B1 C1 C2 C6 Durante o período lectivo realizaranse unha ou varias probas mixtas de avaliación continua, que non terán carácter liberatorio. A proba non realizada puntuará como cero. 20
Proba mixta A1 A4 B1 C1 C2 C6 Exame teórico-práctico de todos os contidos da materia, que se realizará na primeira e segunda oportunidade. 40
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Canto á comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias, aplicarase o disposto no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario" da UDC.

2. Identificación do alumnado: O alumnado ha de acreditar a súa personalidade de acordo con a normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para o exame final, para as restantes actividades acordarase ao comezo do cuadrimestre un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. Por este motivo, este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia no primeiros dez días do cuadrimestre en que esta se imparte. As actividades terán o mesmo formato que para o alumnado con dedicación a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.

2. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos que na primeira oportunidade.

3. Oportunidade adiantada: Será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

1. Con carácter xeral, sen prexuízo do indicado para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, requírese a asistencia a clase para optar á parte da cualificación correspondente á avaliación continua, tanto en primeira oportunidade como en segunda oportunidade. Finalizado o período de avaliación correspondente á primeira oportunidade, ao alumnado que teña pendente a superación da materia poderánselle propor actividades que permitan recuperar a parte da cualificación correspondente á avaliación continua de cara a a segunda oportunidade, o que deberá solicitar ao profesorado da materia cunha antelación mínima de dez días respecto da data do exame de segunda oportunidade.

2. Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no momento da proba e forneceranse co enunciado da mesma.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes