Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Se aproveitarán estas horas para explicar a dinámica de traballo do curso
Lecturas A profesora propoñerá ao inicio de curso un conxunto de lecturas obrigatorias, complemento da materia explicada nas clases maxistrais, que servirá ademais para a elaboración dos traballos obrigatorios de curso
Traballos tutelados Os estudantes deberán realizar durante o curso un traballo individual /equipo (a organización dependerá do número de estudantes matriculados na materia). O traballo desenvolverase nas seguintes fases:
1) A profesora da materia presentará un listado de traballos o primeiro día de curso entre os que poderán elixir os estudantes ata o 30 de setembro de 2014.
2) Unha vez configurado o equipo e elixido o tema, a profesora asignaralles fontes bibliográficas e cuantativas para poder realizar este.
3) Os estudantes deberán de entregar por escrito antes do 31 de outubro de 2014 un índice do traballo e os principais obxectivos deste. Os estudantes presentarán en clase para a súa discusión esta primeira formulación do traballo
4) O traballo definitivo entregarase por escrito antes do 28 de novembro de 2014 ás 14 horas.


O traballo poderá ter unha extensión máxima de 10 páxinas (letra Arial 12, interlineado 1,5, marxes 2,5) e cumprirá o formato do equipo dos TFG.
Presentación oral Os traballos realizados durante o curso (apartado anterior) serán presentados por todos os membros de cada equipo en horario de clase durante o mes de decembro de 2014. Con este fin utilizarase unha presentación de power point (ou outro programa similar) que recolla os obxectivos, principais puntos analizados (con apoio de datos cuantitativos) e conclusións obtidas do traballo
Discusión dirixida Os estudantes discutirán as presentacións dos traballos de curso realizadas polos seus compañeiros en clase. O obxectivo é abrir un debate sobre as temáticas formuladas
Sesión maxistral Nestas sesións a profesora impartirá as pautas clave de cada un dos puntos incluídos no temario da materia. Esta materia debe ser preparada co traballo persoal do estudante e coa axuda dos restantes instrumentos bibliográficos e cuantitativos que ofrece o curso
Proba obxectiva A proba obxectiva consistirá nun exame escrito onde os estudantes terán que demostrar o dominio da materia explicada en clase a través das sesións maxistrais e os traballos realizados na aula.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes