Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 C5 C8 O seu contido avaliarase conxuntamente coas sesións maxistrais na proba escrita 10
Presentación oral C1 C2 Os traballos realizados durante o curso serán obrigatoriamente presentados e explicados en clase por todos os compoñentes de cada equipo. A profesora e os restantes estudantes poderán realizar preguntas sobre o contido do traballo. Se esta presentación oral non se producise por parte dalgún equipo (salvo nos casos xustificados previstos na normativa académica) a nota do traballo computaría na cualificación final do alumno. É dicir, a nota final do alumno sería unicamente aquela obtida no exame final da convocatoria oficial. 10
Traballos tutelados A18 A19 A20 A21 A24 B2 B3 B7 B12 C3 Para que un traballo sexa válido e poida computar na nota final deben cumprirse as seguintes condicións:
1. O traballo debe estar baseado nalgunha das liñas temáticas propostas pola profesora ao inicio de curso.
2. O equipo de traballo debe utilizar todos os materiais indicados pola profesora para a súa elaboración.
3. O equipo de traballo debeu presentar e explicado en clase o seu índice e obxectivos
2. O traballo debe ser entregado á profesora por escrito xunto coa presentación de power point antes do 30 de novembro de 2014, cumprindo o formato xa indicado.
40
Sesión maxistral A3 A11 A16 A17 A22 B5 B6 B10 B14 A súa avaliación realizarase basicamente mediante unha proba obxectiva que terá lugar nas convocatorias oficiais.
No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa.
40
 
Observacións avaliación

O estudante superará a materia
cando alcance unha cualificación mínima de 5 puntos (sumando a
cualificación do traballo de curso e a nota obtida no exame da
convocatoria oficial).

A asistencia a clase e a participación nas
actividades realizadas na aula serán decisivas para elaborar a
cualificación final dos alumnos dubidosos, aos que lles falten poucas
décimas para o aprobado ou para subir nota.

Os estudantes que
participen en actividades cuxo peso na avaliación final sexa menor do
20% (equivalente a 2 puntos na nota final) terán como nota final non
presentado.

Está prohibido acceder á aula do exame con cualquer
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacene
información. Así mesmo, é necesario que cada estudante que desexe
realizar o exame se identifique correctamente co D.N. I. ou similar antes de acceder á aula onde se vaia realizar a proba

OPORTUNIDADE ADELANTADA: O criterio de avaliación para a segunda oportunidade será o mesmo que opere na oportunidade adiantada de avaliación

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes