Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A9 A11 A17 A19 A21 A22 A24 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 Unha ao final do curso. Realizarase en período de exames 30
Presentación oral C1 C2 Valorarase a adecuación do tema exposto á materia, o seu grao de dificultade, o dominio do tema e a habilidade na comunicación oral. 30
Obradoiro A20 B1 B4 B5 B9 B11 C3 C4 C6 Varios ao longo do curso, sobre as lecturas programadas. Valorarase en gran medida o esforzo persoal e a aprendizaxe continua. A súa avaliación comprende a lectura previa correspondente. 40
 
Observacións avaliación
Aviso: a profesora Elvira Lindoso Tato non imparte docencia nesta materia. Simplemente figura nesta guía como coordinadora da materia. Un/unha docente en proceso de contratación será o que imparta a asignatura dende o comenzo do curso.

Observacións avaliación:

Non se exise asistencia obrigatoria á clase. 

Os alumnos/as deben consultar obrigatoria e frecuentemente a
plataforma virtual da materia (moodle), onde o/a docente coloca a
información mais relevante da mesma. Ademáis, os estudantes deben subir unha foto actualizada
ao seu perfil de moodle para a súa correcta identificación.

Todas as oportunidades de avaliación realizaranse cos mesmos criterios. Por tanto, para a segunda oportunidade e a convocatoria adiantada mantéñense as cualificacións da avaliación continua
(talleres, presentación oral) acadadas no primeiro cuatrimestre que se engadiran á nota do exame da segunda oportunidade ou da adiantada, segundo corresponda.

Para superala asignatura, o alumno debe obter a lo menos 50
puntos dos 100 totais.

A calificación de non presentado corresponde ao alumno, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: excepto para as datas aprobadas na
Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes actividades acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible coa sua
dedicación sempre e cando ese calendario esté integrado na franxa horaria lectiva da clase desta materia. O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse en
contacto co seu docente vía correo electrónico antes do 5 de outubro de
2020.

Aqueles estudantes que non poidan acudir ás probas ou actividades do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos
certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica
-caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas
noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o sinalado polo
regramento académico.

No caso da entrega de posibles traballos documentais, nesta materia
solicitaránse en formato pdf a través da plataforma Moodle nas condicións que o/a
docente sinalará ó inicio do curso.

Cada obradoiro terá unha avaliación única para cada estudante que a realice. O conxunto deste tipo de actividades pondera o 40% na cualificación final.

Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquer
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de
información.

De igual maneira, é necesario que cada alumno que desexe realizar
as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se vaia realizar
a proba (ten que acreditar a súa personalidade dacordo ca normativa vixente).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes