Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Finanzas Internacionais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A15 A24 B1 B2 B7 B10 B13 C1 Consistirá nunha única proba escrita que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos do programa desenvolvidos na aula e tamén da súa aplicación.

Esta proba poderá incluír preguntas tipo test.
10
Estudo de casos A15 A24 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C5 C6 Formulación dunha actividade específica que requira traballo de ánalise e estudo aplicado polo alumno baseándose no desenvolvido ao longo do curso. Realizarase unha proba avaliable ao longo do curso. 50
Solución de problemas A24 B2 B3 B4 B6 B7 B10 B13 C1 C2 C3 Resolución de problemas prácticos que esixe a aplicación dos coñecementos que previamente se traballaron na aula. Realizaranse dúas probas avaliables ao longo do curso. 40
 
Observacións avaliación

Nas actividades de carácter teórico que esixan un desenvolvemento por escrito, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, a linguaxe empregada, a capacidade de análise e o grao de síntese. Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos e problemas prácticos.

Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante o curso, o alumno pode alcanzar o 100 % da cualificación final (10 puntos).

Para superar a materia requírese unha cualificación final mínima de cinco puntos (computada a suma da avaliación das diferentes metodoloxías). 

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non presentado aqueles alumnos que non participasen na avaliación continua de actividades realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 20 %.

A avaliación da convocatoria de segunda oportunidade realizarase cos mesmos criterios, e o mesmo aplicárase no caso de convocatorias adiantadas, adaptándose ao calendario oficial establecido pola facultade. En todo caso, poderáse acadar o 100% da cualificación.



Para os alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete a probas obxectivas, para as restantes actividades avaliables acordarase, de ser necesario, ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Está prohibido o acceso á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. O alumno deberá demostrar a súa personalidade, cando se lle requira, de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes