Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Comercio Exterior
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A12 A19 B4 B5 B11 B12 Facilitaranse textos e lecturas sobre empresas e casos reais que deberán ser traballados polo alumno en grupo para a súa posterior exposición en público.
As lecturas serán facilitadas polo profesor ao finalizar cada tema teórico.
Poderanse traballar temas de actualidade, a proposta do profesor, tanto individualmente como en grupo.
50
Proba de resposta múltiple B2 B3 C6 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo para
poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación mínima de 4,5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.
No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test e ponderada ao 50%.

50
 
Observacións avaliación

Cualificación de non
presentado: corresponde ao alumno cando só participe en actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da puntuación obtida.

Na convocatoria adiantada e para a segunda oportunidade seguirase os mesmos criterios que para a primeira oportunidade.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa académica de asistencia, tanto na primeira coma na segunda oportunidade, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase, ao comenzo do curso, un calendario especifico de datas, compatible coa súa dedicación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes