Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor/a dos temas da materia.
Análise de fontes documentais O analise de fontes documentais (estudos publicados en revistas científicas relacionadas co sector turístico que serán facilitados ao longo do cuadrimestre), traballarase durante os seminarios (clases interactivas) para a súa posterior avaliación.
Traballos tutelados Realización de traballos prácticos obrigatorios tutelados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas técnicas de investigación no sector turístico. No devandito traballo o/a alumno/a ou grupo terá que planificar/deseñar as técnicas de investigación suxeridas na aula (observación participante, análise de contido, entrevista en profundidade e enquisa) aplicados á situación social e obxectivos empresariais/institucionais da empresa/institución seleccionada, relacionada co sector. O traballo da observación participante e da análise de contido está suxeto a exposición oral.
Proba mixta Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes