Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
 Asignaturas
  Análise exploratoria de datos e análise inferencial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A10 A11 A12 A13 B2 B6 B7 Exámen tipo test que consiste en expor unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida.
O exame presentarase ao alumno redactado no idioma de impartición da materia (isto é castelán). Se algún alumno desexa unha copia do mesmo no outro idioma oficial da UDC, deberá solicitalo ao profesor coordinador unha semana antes da data de realización
20
Solución de problemas A10 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 Elaboración e desenvolvemento de forma autónoma dun suposto práctico. 80
 
Observacións avaliación

A avaliación do apartado de solución de problemas consistirá na elaboración e desenvolvemento de 3 supostos prácticos. No primeiro deles os/-as estudantes deberán facer unha anális descriptiva dunha base de datos. No segundo dos supostos o alumnado deberá resolver diferentes tarefas relacionadas cos fundamentos da inferencia estatística así coma un análisi de asociación entre variables cuantitativas. A tercera das tarefas conlevará a aplicación de diferentes probas tanto paramétricas coma non paramétricas. O primeiro suposto representa un 20% da calificación deste apartado, mentres que o segundo e terceiro suposto ponderan cada un,  un 40% da calificación neste apartado.

A proba de resposta múltiple consitirá nun cuestionario tipo test, con 5 posibles alternativas das cales unha sóla será correcta. Restarase unha resposta correcta por cada 4 incorrectas

A materia será superado cando a suma das calificación ponderadas dos dos apartados sexa igual ou superior a 5 nunha escala 0-10.

Os diferentes apartados superados serán conservados en oportunidades sucesivas.

Todo o anteriormente exposto é de aplicación tanto para alumnos con matrícula a tempo completo como a tempo parcial

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Ademais,  segundo a Lei de
Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude
académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3
anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total
cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un
curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera
comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou
traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia
ou acreditar o rendemento académico (art. 11)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes