Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
 Asignaturas
  Exercicio e condición física no ámbito do rendemento e a saude
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Exercicio e condición física no ámbito do rendemento e a saude Código 620517010
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 20
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Iglesias Soler, Eliseo
Correo electrónico
eliseo.iglesias.soler@udc.es
Profesorado
Iglesias Soler, Eliseo
Correo electrónico
eliseo.iglesias.soler@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Exercicio e condición física no ámbito do rendemento e a saúde ten como principal obxectivo aproximar ao alumno ao proceso de investigación dos diferentes compoñentes da condición física tanto desde a perspectiva do rendemento deportivo como desde o enfoque asociado ao exercicio físico para a mellora da saúde e a calidade de vida. Trátase dunha materia optativa á que o estudante accede tras unha primeira etapa de formación obrigatoria na que adquiriría coñecementos e competencias para intervir nun proceso de investigación. Desde esta premisa, a materia ten un enfoque eminentemente procedimental e aplicado, onde o alumno aproximarase á dinámica dun grupo de investigación, implicándose nas diferentes tarefas e procedementos. En definitiva, preténdese que o estudante desenvolva un proceso de prácticas de investigación que lle permitan implementar nun contexto real as competencias adquiridas na formación obrigatoria
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados - Análise de fontes documentais *Metodoloxías docentes que se modifican - Actividades iniciais. Se levan a cabo mediante videoconferencia a través de Teams - Sesión maxistral. Se levan a cabo mediante videoconferencia a través de Teams - Prácticas de laboratorio. En etapa presecicail, esta metodoloxía cénntrase na práctica de procedementos experimentais. Na fase non presencial, en caso de confinamento, estará focalizada á xestión e tratamento de datos - Seminario. Lévase a cabo mediante reunión virtuais mediante o uso de Teams - Presentación oral. Terán lugar mediante a ferramenta Teams 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Indícase ferramenta e temporalización Moodle. Semanalmente apórtanse materiais e tarefas a través desta plataforma. A comunicación de novas faise a través de foro e de quickmail Teams. Titorías individuais e en grupo fanse por este medio con peridicidade semanal. Asemade, créase un equipo cos alumnos para compartir arquivos Correo electrónico. As consultas dos alumnos recibidas por este medio, respóndense nun prazo de 24 horas. 4. Modificacións na avaliación Observacións de avaliación: Tódalas metodoloxías poden desenvolverse a distancia, sen embargo o documento marco da Universidade da Coruña de medidas para a finalización do curso 2019-2020 sinalaba que era pertinente “Asignar a porcentaxe dedicada na avaliación á asistencia (presencial ou por videoconferencia) a outras metodoloxías”. Por elo aquelas metodoloxías que requiren para a súa avaliación da asistencia (seminario e prácticas de laboratorio) deixan de formar parte da mesma. Os seus porcentaxes pasan a asignarse ó traballo tutelado. Os criterios aquí indicados son de aplicación para a primeira e segunda oportunidade 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Se mantén o recollido na guía orixinal
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes