Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Pedagoxía da actividade física e do deporte
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno É un cartafol ou archivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo/a profesor/a o que permite visualizar o progreso do/a alumno/a. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o/a alumno/a, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso, etc.

Consta de:

a. Material (traballado) de cada un dos temas. Trátase dos apuntamentos, esquemas, artigos, diapositivas, subliñados ou de elaboración propia, coas que cada estudante traballou o contido da materia. Pode estar en formato papel ou dixital, pero deberá optarse por un dos dous soportes.

b. Actividades realizadas nas clases interactivas (presenciais) e nas non presenciais. Recollerá todas as realizadas durante o desenvolvemento dos temas, elaboradas en horario lectivo e as propostas polo profesorado para o desenvolvemento do tema, en horario non lectivo.
Incluiranse neste apartado as actividades avaliables, unha ou dúas por tema (individuais e/ou por parellas), que se realizarán ou revisarán durante as clases interactivas. Estas serán entregadas en data e hora establecida para a corrección definitiva.

Débense refacer e incorporar no portafolio, tanto a orixinal como as súas correspondentes modificacións.

c. Rúbricas/lista de control do portafolio de cada un dos temas ou de actividades (auto e coevaluación).

(Este portafolios preferentemente realizarase en formato dixital)
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como Conferencia o método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Ao longo do curso irase elaborando un traballo en grupos de 3, que finalice nunha proposta de fomento de practica de actividade física nun centro escolar, que ira desenvolvéndose en paralelo cos contidos da materia.
Realizaranse clases prácticas de acompañamento do traballo e nas tutorías da materia poderán convocarse a grupos de alumnos para que vaian mostrando ao profesorado o traballo realizado.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes