Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Pedagoxía da actividade física e do deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual A4 A13 B15 B17 C1 C4 C7 Cualificación do Foro (1 puntos): 0,2 por cada intervención 10
Aprendizaxe colaborativa A7 A8 A9 B4 B7 C3 C1 - As actividades avaliables, terán un valor de 0,25, realizándose 8 actividades de este carácter.
-Elaboración dunha proposta/ proxecto baseada no fomento de estilos de vida activos e saudables no contexto do centro educativo
* Terá un valor final de 2 puntos.
* Se realizará por parellas.
* Incorporará avaliación recíproca e autoevaluación.
40
Proba de ensaio A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 Cualificación da proba de ensaio:
- Ten un valor final de 5 puntos.
- Constará de 2 partes, debendo superar ambas as para considerala definitivamente superada.
- En caso de aprobar manterase a cualificación ata a oportunidade de xullo de cada curso académico.
50
 
Observacións avaliación

A avaliación ten fundamentalmente un carácter continuo, aínda que tamén conta con avaliación final. 

O único criterio de avaliación excluínte será a asistencia. Quen non asista ao 70% das clases presenciais non terá dereito a avaliación continua. Deste criterio excluirase ao alumnado que teña matrícula parcial, que deberá falar co profesorado da materia para acordar os criterios de asistencia.

O alumnado disporá dunha avaliación final ou unha avaliación continua:

a. AVALIACIÓN FINAL

- Optarán a ela, o alumnado que así o desexe, polo que non elaborarán o portafolio, nin se presentarán ás probas parciais e aqueles que perdan o dereito á avaliación continua. 

- Deberán realizar a proba final na data marcada no calendario oficial de exames. 

- Para superar a materia deberá obter unha puntuación de 7 sobre 10 puntos.

b. AVALIACIÓN CONTINUA

- Deberán elaborar o portafolio, participar nos foros e superar as dúas probas de ensaio.

- Perderán a posibilidade de avaliarse por esta opción, aqueles que:

* Non entreguen a documentación ou partes da mesma nas datas requiridas.

* Non se presenten ás probas de ensaio parciais.

- Instrumentos para a avaliación da materia:

a. Dúas probas de ensaio

-Teñen un valor de 2,5 puntos cada unha.

- A primeira corresponderase cos temas 1 ao 3 e celebrarase unha vez finalizados devanditos temas, a segunda co 4 e 5, coincidirá coa data establecida para o exame final no calendario oficial de exames.

- Se non se supera a primeira proba poderá presentarse a toda a materia na proba final establecida no calendario oficial de exames (sempre que se presentou e non superado á primeira). A non asistencia á proba de ensaio implicará a perdida da avaliación continua.

- En caso de aprobar manterase cada cualificación ata a oportunidade de xullo (inclusive) de cada curso académico.

- Para aprobar a materia deberán superarse as dúas probas.

b. Un portafolio.

- Non ten valor numérico, a súa entrega será requisito imprescindible para optar á avaliación continua.

- Ao final dos temas 1, 2, 3 e 4, o profesorado requirirá a unha parte do alumnado, elixido o azar, a entrega de toda a documentación do portafolio. Ao finalizar o tema 5, o mesmo día da proba de ensaio final, celebrarase unha tutoría grupal, onde todo o alumnado deberá presentar toda a documentación.

- A non entrega total ou parcial da documentación requirida implicará a perda da avaliación continua.

c. Participación reflexiva nos foros virtuais

Cada participación no foro terá un valor máximo de 0,2 puntos. Poderase optar como máximo a alcanzar 1 punto.

d. Actividades avaliables realizadas en clase relativas ao contido de cada tema

As actividades terán un valor de 0,25, realizándose 8 actividades deste carácter.

e. Elaboración dunha proposta/ proxecto baseada no fomento de estilos de vida activos e saudables no contexto do centro educativo

- Terá un valor final de 2 puntos.

- Se realizará por parellas.

- Incorporará avaliación recíproca e autoevaluación.

O alumnado repetidor poderá presentarse ás probas de ensaio parciais ou poderá facelo ao exame final, sempre que superasen o portafolio en convocatorias anteriores.  Manteráselle o valor do 2,5 para o portafolio ao que se sumará as cualificacións que obteña no final ou nas probas parciais.

As probas de ensaio entregaranse en castelán. Se algún alumno desexa recibila en galego, deberá comunicarllo ao profesorado 10 días antes da celebración da mesma

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes