Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Pedagoxía da actividade física e do deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 C7 As actividades evaluables, na sua maior parte son fruto dunha aprendizaxe colaborativo entre o alumnado. 40
Proba de ensaio A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 - Realizaranse tres probas, para a avaliación continua. E de non superar algunha pódese ir a unha proba final.
1ª proba.- Temas 1, 2 e 3 (3 puntos)
2ª proba.- Temasw 4 e 5 (2 puntos)
Realziación individual dunha unidad didáctica (1 punto)

- Realizarase só unha proba final aqueles/as estudantes que non optan á avaliación continua.
60
 
Observacións avaliación

*** O alumnado que cursase a materia en cursos anteriores, deberá dirixirse ao profesorado durante os primeiros 15 días do curso para valorar, en cada caso, o recoñecemento ou non da avaliación continua e por tanto a exención de asistencia e de realización das actividades contempladas nesta guía.

** O alumnado con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación para cada unha das oportunidades. Se o estudante ten posibilidade de manter unha asistencia periódica dun mínimo do 50% poderá acollerse á avaliación continua entregando sempre en prazo as actividades evaluativas, realizando a UD e elaborando o portafolio. 

* Os/as que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación formativa de carácter continua (auto, co e heteroevaluación) ou de avaliación final (heteroevaluación).

 

1. AVALIACIÓN FORMATIVA (CONTINUA)

Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais; a elaboración do portafolio; a entrega de todas as actividades evaluativas e non evaluativas (en tempo e forma), a elaboración individual da unidade didáctica e as probas de ensaio programadas. En cada unha delas deberá obter, polo menos, o 50% da cualificación.

a. Portafolio. 

Non ten valor numérico, pero a súa entrega será requisito imprescindible para optase a avaliación formativa (continua). 

A realización do portafolio terá un seguimento por parte do profesorado ao finalizar cada mes, solicitarase aleatoriamente presentar o portafolio a un grupo de alumnas/vos. 

Previo á realización da primeira proba de ensaio e da final, cada estudante presentará as rúbricas/listas de control de auto e coevaluación (de cada tema).

A non entrega destes documentos significará a perdida da avaliación formativa (continua). 

b. Actividades evaluativas. 

Poden realizarse no horario de clase, en titorías grupais ou en
horarios non presenciais.

Poderán ser correxidas no horario da tutoría grupal ou en horario de clase.

Realizaranse  unha ou duas actividades en cada tema cun valor total de 4 puntos. 

A non entrega de TODAS as actividades evaluativas ou non alcanzar a metade da puntuación no sumatorio das actividades na primeira oportunidade implicará a perdida da avaliación continua. A calificación de cada
actividade será efectiva unha vez entregada a corrección individual da mesma

c. Proposta inicial/organizada dunha unidade didáctica.

Realizarase na aula de forma individual ao finalizar o tema 5 e terá un valor de 1 punto. 

A non realización implicará a perdida da avaliación continua, senón se supera o 0,5 hai que repetila, en data e hora que establecerá o profesorado da materia.

d. Probas de ensaio

Realizaranse dúas probas 

  • A primeira corresponderase cos temas 1, 2 e 3 e terá un valor de 3 puntos 
  • A segunda co 4 e 5, cun valor de 2 puntos 

Cada proba esixirá unha cualificación do 50% para ser superada. 

As preguntas presentaranse en castelán, poderase realizar en calquera dos dous idiomas oficiais da Universidade da Coruña. O que desexe as preguntas en galego deberá solicitalo ao profesorado, polo menos cunha semana de antelación á data de realización. 

Aquelas/vos que non alcancen a nota mínima nestas dúas probas, deberán presentarse ao exame final (convocatoria oficial de exames). Para as oportunidades de xaneiro/xullo, se se supera a primeira proba, presentarase á segunda só cos temas 4 e 5 e se supera a segunda, á primeira cos temas 1, 2 e 3.

As preguntas da proba son de desenvolvemento, de aplicación do contido e especialmente de relación.

e. Atención personalizada 

Toda a materia está estruturada en base a unha necesidade de comprensión, polo que aínda que esta metodoloxía non ten peso directo na avaliación, é moi recomendable contactar co profesorado todas as veces que sexa necesario para compartir, aclarar, preguntas

Pode realizarse a través de titorías grupais (en horario da propia materia recollido nos horarios oficiais) e en tutorías individuais presenciais ou por TEAMS (horario oficial de tutorías do profesorado)

Consideracións de face ao mantemento de cualificacións e/ou partes da materia no caso de cumprir todos os criterios da avaliación formativa (continua):

  • Ao que supere os apartados b, c e d, pero que suspenda a proba de ensaio final, gardaráselle esta parte da cualificación para futuras convocatorias. Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores.
  • Ao que supere só una das probas de ensaio, manteráselle a cualificación da superada para a oportunidade de xullo, pero non para futuras convocatorias.

Preséntase unha táboa resumen:

a. Portafolio
0
Entregar rúbrica ao final de cada tema
b. Actividades evaluativas
4 puntos
Na data establecida para cada unha ao longo de cuadrimestre
c. Unidad Didáctica
1 punto
Ao remate do tema 5
d. Proba ensaio temas 1, 2 e 3
Prueba ensayo temas 4 e 5
3 puntos
Ao remate do tema 3
2 puntos
 Ao remate do tema 5


*** Valorarase a maiores da puntuación establecida no programa, a realización de cursos/seminarios relativos ao contido da materia ou a técnicas instrumentais de traballo (Bibliografía, bases de datos, técnicas de estudo, etc.). Poden realizarse, na Facultade, na UDC ou noutras entidades formativas, pero sempre dentro do curso académico 22-23

2. AVALIACIÓN FINAL

Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non elaborarán o portafolio, nin se presentarán ás probas parciais, pero estarán obrigados a cumprir a asistencia de al menos un 50% das sesións.

Realizarán a proba final na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberán obter ou superar o 70%       (7 sobre 10 puntos), tendo en conta que o alumnado de avaliación continua mostrou un compromiso coa materia.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, implicará directamente a cualificación de suspenso 0 na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes