Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Pedagoxía da actividade física e do deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A7 A8 C7 Terá un valor de 3 puntos sobre a nota final. Para o seu desenvolvemento realizaranse actividades de explicación/seguimento no horario lectivo da materia, en horarios de tutorías de grupo e en tutorías do profesorado a petición dunha persoa ou grupo.
Si o traballo non pasou por actividades de seguimento polo profesorado da materia non será avaliado.
O alumnado de cursos anteriores que cumpra cos requisitos da avaliación continua, está excluído de realizar este traballo.
30
Proba de ensaio A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 Se realizarán 4 probas (temas 1 e 2, tema 3, tema 4 e tema 5).
A primeira e segunda proba terán un valor de 2 puntos, os dous restantes 1,5 puntos cada unha (total 7 puntos)
Cada proba esixirá unha cualificación do 50% para ser superada e que non haxa ningunha pregunta cualificada con 0 (ou sen contestar).
As preguntas presentaranse en castelán, poderase realizar en calquera dos dous idiomas oficiais da Universidade da Coruña. O que desexe as preguntas en galego deberá solicitalo ao profesorado, polo menos cunha semana de antelación á data de realización.
O alumnado que non supere todas e cada unha destas probas, deberá presentarse (ás que non superen) na data do exame final (convocatoria oficial de exames). Manterase este criterio para as oportunidades de xaneiro/xuño-xullo. En futuras convocatorias, non se manterán as cualificacións.
O alumnado de cursos anteriores que cumpra cos requisitos da avaliación continua, pode optar por presentarse ás probas de ensaio ou á proba final.
70
 
Observacións avaliación

A realización fraudulenta de tarefas de avaliación, implicará
directamente a calificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia enque se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (notanumérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidadecomo na segunda. Para isto, procederase a modificar a súacualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

O alumnado que curse a materia en cursos anteriores, deberá dirixirse ao profesorado durante os primeiros 15 días do curso para valorar, en cada caso, o recoñecemento ou non da avaliación continua e por tanto a exención de asistencia e de realización das actividades contempladas neste programa.

O alumnado con matrícula a tempo parcial ou con situacións particulares por temas deportivos ou laborais, deberán falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación e asistencia para cada unha das oportunidades (si no mes de setembro non se comunica, esa posibilidade non se ofrecerá).

Os que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación formativa continua (auto, co e heteroevaluación) ou de avaliación final (heteroevaluación).

1. AVALIACIÓN FORMATIVA (CONTINUA)

Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais, a elaboración e presentación do portafolio, a superación das probas de ensaio e a elaboración do traballo por proxecto.

Consideracións de face ao mantemento de cualificacións e/ou partes da materia no caso de cumprir todos os criterios da avaliación formativa (continua):

O alumnado que non supere todas e cada unha destas probas, deberá presentarse (ás que non superen) na data do exame final (convocatoria oficial de exames). Manterase este criterio para as oportunidades de xaneiro/xuño-xullo. En futuras convocatorias, non se manterán as cualificacións.

Os que non alcance a metade da puntuación no apartado b, deberán reelaborarlo e presentalo na segunda oportunidade (xuño-xullo).

 Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores.

2. AVALIACIÓN FINAL

Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non entregarán o portafolio, nin se presentarán ás probas de ensaio, pero están obrigados a asistir, polo menos, ao 50% das sesións.

Os que opten pola avaliación final, deben realizar a proba na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberá obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes