Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Anatomía e cinesioloxía do movemento humano
   Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO 1: INTRODUCIÓN E XENERALIDADES.
Temas 1 ao 5.
Tema 1. Introdución á Anatomía e á Cinesioloxía humanas.
1.1. Conceptos de Anatomía e cinesioloxía. Historia e métodos de estudo.
1.2. Terminoloxía anatómica:
1.2.1. Posición anatómica, eixes, planos, xeometría das formas.
1.2.2. Termos de situación, dirección e descrición.
1.2.3. Rexións e cavidades corporais.
1.3. Introdución ao Aparato Locomotor. Conceptos básicos de vascularización e inervación.
Tema 2. Introdución á Osteoloxía. 2.1. Oso: definición e clasificación.
2.2. Esqueleto: división e compoñentes.
2.3. Anatomía macroscópica dos osos.
2.4. Histoloxía do tecido óseo.
2.5. Formación e crecemento dos osos.
2.6. Funcións dos osos.

Tema 3. Introdución á Artroloxía. 3.1. Definición de articulación.
3.2. Embrioloxía e clasificacións das articulacións.
3.3. Anatomía e funcións das articulacións sólidas (sinartrose e anfiartrose): sinfibrose e sincondrose.
3.4. Articulacións cavitadas (diartrose ou sinoviais): características; superficies articulares; anexos ás superficies articulares; medios de unión; cavidade articular; clasificacións das diartroses.
3.5. Cinesioloxía articular: tipos de movementos, eixes e planos; graos de liberdade; factores estabilizadores da articulación e limitantes da súa movilidade.
Tema 4. Introdución á Mioloxía. 4.1. Definición de músculo. Tipos de tecido muscular, características e funcións.
4.2. Anatomía macroscópica do músculo esquelético e os seus anexos.
4.3. Clasificacións dos músculos esqueléticos.
4.3. Histoloxía do músculo esquelético e os seus anexos.
4.4. Vascularización e inervación: unión neuromuscular.
4.5. Fisioloxía da contracción muscular: mecanismo de deslizamento dos filamentos. corporal.
4.6. Unidades motrices do músculo esquelético.
4.7. Control da tensión muscular.
4.8. Embrioloxía, crecemento e desenrolo do tecido muscular esquelético.

Tema 5. Cinesioloxía muscular. 5.1. Tipos de contraccións.
5.2. Palancas: tipos e vantaxes mecánicas.
5.3. Compoñentes da forza muscular.
5.4. Factores que afectan á eficacia mecánica da contracción.
5.5. Clasificación funcional dos músculos.
5.6. Conceptos de lazada muscular e cadea cinética. Tipos de cadeas cinéticas.
5.7. Conceptos de insuficiencia activa e insuficiencia pasiva dos músculos.
MÓDULO 2: MEMBRO SUPERIOR Temas 6 ao 21.
Tema 6. Introdución: filoxenia e funcións das extremidades. 6.1. Evolución filoxenética das extremidades.
6.2. Funcións das extremidades.
Tema 7. Osteoloxía do membro superior. 7.1. Osos da cintura escapular: clavícula e escápula.
7.2. Oso do brazo: húmero.
7.3. Osos do antebrazo: cúbito e radio.
7.4. Osos da man: osos do carpo, metacarpianos e falanxes.
Tema 8. Complexo articular do ombro. 8.1. Articulacións dos osos da cintura escapular:
8.1.1. Articulación esternoclavicular.
8.1.2. Articulación acromioclavicular.
8.2. Sinsarcose escápulo-torácica.
8.3. Articulación escápulo-humeral.
8.4. Bolsa subacromiodeltoidea.
Tema 9. Músculos motores da cintura escapular. 9.1. Músculos elevadores.
9.2. Músculos depresores.
9.3. Músculos anteversores.
9.4. Músculos retroversores.
9.5. Músculos que producen rotacións ou básculas escapulares.
Tema 10. Músculos motores da articulación escápulo-humeral. 10.1. Músculos abductores.
10.2. Músculos aductores.
10.3. Músculos flexores.
10.4. Músculos extensores.
10.5. Músculos rotadores internos.
10.6. Músculos rotadores externos.
Tema 11. Articulación do cóbado. 11.1 Estudo anatomofuncional da articulación do cóbado.
Tema 12. Articulacións entre os osos do antebrazo. 12.1. Articulación radiocubital superior.
12.2. Articulación radiocubital inferior.
12.3. Sindesmosis radiocubital ou membrana interósea.
12.4. Cinesioloxía das articulacións radiocubitais.
Tema 13. Músculos motores do antebrazo 13.1. Músculos flexores.
13.2. Músculos extensores.
13.3. Músculos pronadores.
13.4. Músculos supinadores.
Tema 14. Articulación do pulso 14.1. Cámara proximal: articulación radiocarpiana.
14.2. Cámara distal: articulación mediocarpiana.
Tema 15. Músculos motores do pulso. 15.1. Músculos abductores.
15.2. Músculos aductores.
15.3. Músculos flexores.
15.4. Músculos extensores.
Tema 16. Articulacións da man. 16.1. Articulacións do carpo.
16.2. Articulacións carpometacarpianas.
16.3. Articulacións intermetacarpianas.
16.4. Articulacións metacarpofalánxicas.
16.5. Articulacións interfalánxicas.
Tema 17. Músculos motores dos dedos. 17.1. Músculos motores dos dedos trifalánxicos.
17.2. Músculos motores do polgar.
Tema 18. Movementos de prensión da man. 18.1. Diferentes xeitos de prensión.
Tema 19. Vascularización e inervación esquemáticas do membro superior. 19.1. Vascularización esquemática do membro superior.
19.2. Inervación esquemática do membro superior.
Tema 20. Análise de movementos do membro superior. 20.1 Análise das articulacións e músculos que participan nos movementos simples do membro superior.
Tema 21. Deseño de exercicios para o membro superior. 21.1 Aplicación de exercicios simples, libres ou con pesas ou máquinas.
MÓDULO 3: MEMBRO INFERIOR. Temas 22 ao 36.
Tema 22. Osteoloxía do membro inferior.
22.1. Osos da pelve. Pelve en xeral.
22.2. Oso do muslo: fémur.
22.3. Osos da perna: rótula, tibia e peroné.
22.4. Osos do pé: osos do tarso, metatarsianos e falanxes.
Tema 23. Articulacións da pelve. 23.1. Articulacións sacroilíacas.
23.2. Sínfise pubiana.
23.3. Movilidade pélvica.
Tema 24. Articulación coxofemoral. 24.1 Estudo anatomofuncional da articulación coxofemoral.
Tema 25. Músculos motores da articulación coxofemoral. 25.1. Músculos abductores.
25.2. Músculos aductores.
25.3. Músculos flexores.
25.4. Músculos extensores.
25.5. Músculos rotadores internos.
25.6. Músculos rotadores externos.
Tema 26. Articulación do xeonllo.
Tema 27. Músculos motores da articulación do xeonllo. 27.1. Músculos flexores.
27.2. Músculos extensores.
27.3. Músculos rotadores internos.
27.4. Músculos rotadores externos.
Tema 28. Articulacións entre os osos da perna. 28.1. Articulación tibioperonea superior.
28.2. Articulación tibioperonea inferior.
28.3. Sindesmose tibioperonea ou membrana interósea.
28.4. Importancia das articulacións tibioperoneas nos movementos do nocello.
Tema 29. O complexo articular do nocello. 29.1. Cámara supraastragalina: articulación tibio-peroneo-astragalina.
29.2. Cámaras subastragalinas: calcáneo-astragalina e calcáneo-escafoideo-astragalina.
Tema 30. Músculos motores do complexo articular do nocello. 30.1. Músculos flexores (cámara proximal).
31.2. Músculos extensores (cámara proximal).
30.3. Músculos inversores (cámaras distais).
30.4. Músculos eversores (cámaras distais).
Tema 31. Articulacións do pé.
31.1. Articulacións do tarso.
31.2. Articulacións tarsometatarsianas.
31.3. Articulacións intermetatarsianas.
31.4. Articulacións metatarsofalánxicas.
31.5. Articulacións interfalánxicas.
Tema 32. Músculos motores dos dedos do pé. 32.1. Músculos longos.
32.2. Músculos propios do pé.
Tema 33. Estudo da bóveda plantar. 33.1. Elementos da bóveda plantar.
33.2. Estática e dinámica da bóveda plantar.
Tema 34. Vascularización e inervación esquemáticas do membro inferior. 34.1. Vascularización esquemática do membro inferior.
34.2. Inervación esquemática do membro inferior.
Tema 35. Análise de movementos do membro inferior. 35.1 Análise das articulacións e músculos que participan nos movementos simples do membro inferior.
Tema 36. Deseño de exercicios para o membro inferior. 36.1 Aplicación de exercicios simples, libres ou con pesas ou máquinas.
MÓDULO 4: CABEZA E TRONCO. Temas 37 a 47.
Tema 37. Osos da cabeza. 37.1. Osos do cranio.
37.2. Osos da cara.
37.3. Cabeza ósea no seu conxunto.
Tema 38. Articulacións da cabeza. 38.1. Articulacións do cranio.
38.2. Articulacións da cara.
38.3. Articulación témporo-mandibular.
Tema 39. Músculos da cabeza. 39.1. Músculos derivados do arco primeiro ou mandibular.
39.2. Músculos derivados do arco segundo ou hioideo.
39.3. Expresións do rostro humano e as súas relacións coa mímica.
Tema 40. Osteoloxía da columna vertebral. 40.1. Vértebra tipo.
40.2. Vértebras cervicais e torácicas.
40.3. Vértebras lumbares, sacras e coccíxeas.
40.4. Columna vertebral considerada no seu conxunto.
40.5. Anatomía bioscópica da columna vertebral.
Tema 41. Osteoloxía do tórax. 41.1. Esternón, costelas e cartilaxes costais.
41.2. Tórax en xeral.
Tema 42. Articulacións da columna vertebral.
42.1. Articulacións comúns á maioría das vértebras.
42.2. Articulacións sacrovertebral e sacrococcíxea.
42.3. Articulación occipito-atloidea.
42.4. Articulacións entre o atlas e o axis.
42.5. Movementos de conxunto da columna vertebral.
Tema 43. Músculos motores da columna vertebral. 43.1. Músculos del colo: grupos lateral, recto e prevertebral.
43.2. Músculos autóctonos do dorso do tronco.
43.3. Visión en conxunto do aparato motor das articulacións que unen a cabeza coa columna vertebral.
43.4. Músculos do abdome: grupo anterior ou recto, grupo lateral e grupo posterior ou profundo.
43.5. Visión en conxunto do aparato motor da columna vertebral.
Tema 44. Articulacións do tórax. 44.1. Articulacións costovertebrais.
44.2. Articulacións costocondrais.
44.3. Articulacións condroesternais.
Tema 45. Músculos motores do tórax. 45.1. Músculos do tórax.
45.2. Músculo toraco-abdominal ou diafragma.
45.3. Mécanica dos movementos respiratorios.
45.4. Visión en conxunto do aparato motor dos movementos respiratorios.
Tema 46. Vascularización e inervación esquemáticas da cabeza e do tronco. 46.1. Vascularización esquemática da cabeza.
46.2. Inervación esquemática da cabeza.
46.3. Vascularización esquemática do tronco.
46.4. Inervación esquemática do tronco.
Tema 47. Análise de movementos do colo e do tronco, e deseño de exercicios. 47.1. Análise de movementos do colo e o tronco.
47.2. Deseño de exercicios para o colo e o tronco.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes