Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Anatomía e cinesioloxía do movemento humano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva C1 C6 - Abarcará todos os contidos impartidos do bloque ou bloques temáticos abordados ao longo do cuatrimestre.
- Contémplase a realización dunha proba obxectiva final, que incluirá todos os contidos impartidos nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio. En ningún caso se conservarán ditas cualificacións para os cursos seguintes.
- A proba obxectiva tendrá dúas partes:
1ª parte: abarcará os contidos impartidos nas clases maxistrais e os estudos de casos. Esta parte do exame poderá constar de preguntas de diferentes tipos: de verdadeiro/falso; de tipo test con varias opcións de resposta das que so unha será correcta; resolución de problemas de exercicios de movementos libres ou con pesas ou máquinas; preguntas curtas. A puntuación máxima desta parte será dun 66% do total da proba obxectiva.
2ª parte: abarcará os contidos impartidos nas prácticas de laboratorio e consistirá na identificación de elementos anatómicos en láminas ou debuxos. A puntuación máxima desta parte será dun 33% do total da proba obxectiva.
- Para superar a proba será necesario obter un 50% da máxima puntuación posible. Teráse en conta ademáis para superar a proba obxectiva, que a puntuación obtida en cada unha das partes (1ª e 2ª parte), non poderá ser inferior ao 35 %.
100
 
Observacións avaliación

As cualificacións finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán: 0-4.9=Suspenso; 5-6.9=Aprobado; 7-8.9=Notable; 9-10=Sobresaliente; Matrícula de Honra (graciable a partir de 9).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes