Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Theory and History of Physical Activity and Sport
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Long answer / essay questions A2 A1 A3 B12 C1 Este exame é preciso superalo para poder facer media co resto de notas (Tema 3 e 4 para as persoas de avaliación contínua)
O exame será presencial e escrito, con preguntas verdadeiro-falso para completar.
4
Supervised projects A2 A1 A3 B12 C1 - Mulleres e deporte. Traballo que consiste na recopilación de información sobre unha muller ou grupo de mulleres deportistas. Este traballo consta de diferentes partes: dossier, póster e presentación oral.
Calificación: 2.5 puntos.

2.5
Problem solving A2 A1 -Cuestionario moodle:
Tema 1. Lecturas sobre valores corporais, cultura corporal e masculinidades ou semellantes (1 punto).
Tema 2. Lecturas sobre medio ambiente e deporte (1 punto).
Tema 2. Lecturas sobre dereitos humanos e deporte e valores (1 punto).
Tema 2. Traballo proposta ética e deporte (0.5).
3.5
 
Assessment comments

- O alumnado que queira optar a matrícula poderá entregar un traballo denominado "historia familiar e motriz", con autorización da responsable da materia.

- O alumnado poderá optar por avaliación contínua (o que se corresponde co apartado de avaliación desta guía) ou avaliación final (só exame final). O alumnado que se incorpore tarde ao curso só poderá optar a matrícula final. 

- Avaliación contínua: como criterio pídese unha asistencia do 70% das clases prácticas, así como a entrega dos traballos nas datas acordada e asistencia a titorías ou charlas que se especifiquen ao longo do curso. As faltas ás clases, sen xustificación, de traballo grupal descontarán na nota final. Cada dúas faltas restarase 0,5. 

En todos os casos é preciso aprobar todas as partes para facer a media final. Tanto o feito de non aprobar os traballos como as faltas a clase pode supor o suspenso na avaliación contínua e a necesidade de presentarse na convocatoria de xullo. 

- Avaliación final: este alumnado non ten ningunha esixencia de asistencia a clase e realizará un exame final, éste poderá ser oral ou escrito, sobre os contidos da materia. O exame será o 100% da nota. O exame entregarase no idimoa de impartición da materia, facilitarase en castelán solicitándoo unha semana antes á data de realización.

- Avaliación alumnado tempo parcial: a avaliación será a mesma que para os de tempo completo. Para calqueira circunstancia especial de tipo persoal, o alumnado deberá falar coa profesora dentro das tres primeiras semanas do curso.

- O alumnado coa materia pendente doutros anos realizará un exame escrito ou oral ou entregará os traballos que tiña pendentes, en función de cada caso. Recoméndase ao alumnado coa materia pendente doutros anos que acuda a
unha titoría individual para cubrir unha ficha de datos persoais.

- Cando na primeira convocatoria se suspenda algunha das partes gardarase a nota das partes aprobadas durante 4 cursos escolares. O alumnado será responsable de actualizarse respecto á materia impartida cada curso.

- O alumnado con necesidades específicas especiais poñerase en contacto coa profesora ao inicio do curso para valorar a posibilidade dunha avaliación alternativa.
- Non se permitirá a asistencia aos exames con dispositivos móbiles ou calqueira outra ferramenta que non sexa un bolígrafo para redactar o exame. Recoméndase asistir ao exame con reloxo.
- Cando o alumnado se presente á primeira oportunidade e non se presente á segunda dunha convocatoria, a nota final que figurará na acta será a que obtivo na oportunidade na que sí se presentou.

-Ao longo do curso poderían xurdir actividades extras, como conferencias ou semellantes, que poderán plantexarse como actividades obrigatorias para o alumnado.

- Non recepcionarán traballos a través do correo electrónico, para este fin usarase a plataforma moodle.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes