Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Games and Leisure Sport
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2019/20
Subject (*) Games and Leisure Sport Code 620G01005
Study programme
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Educación Física e Deportiva
Coordinador
Palacios Aguilar, Jose
E-mail
jose.palacios@udc.es
Lecturers
Cardesin Villaverde, Jose Manuel
Hornillos Baz, Isidoro
Romero Nieves, Jose Luis
E-mail
jose.manuel.cardesin@udc.es
isidoro.baz@udc.es
j.l.romero@udc.es
Web
General description O xogo é unha das manifestacións da motricidade humana máis importantes, ao longo da evolución do ser humano como especie e no seu proceso de desenvolvemento como individuo. As persoas, en boa medida, evolucionan física, intelectual e afectivamente en función das súas relacións e as súas experiencias con todos os xogos que realizan ao longo das súas vidas. A materia de "Xogos e recreación deportiva" ten como obxectivo prioritario proporcionar aos alumnos o coñecemento sobre as bases teóricas e a vivencia de experiencias prácticas do xogo en xeral, do xogo en relación co deporte e a recreación, e do xogo en relación coa identidade cultural a través dos xogos tradicionais. As competencias que se adquiren dotan o alumno de recursos para a educación, porque o xogo representa un dos seus principais contidos e procedementos, contribuíndo a que esta sexa entendida como un regalo e non como unha amarga obriga: "Non pode haber educación sen xogo, nin xogo sen educación" (Imeroni, 1986). Así mesmo, pola súa presenza permanente e o seu valor, tamén é un recurso para a recreación en todas as idades e ámbitos da actuación profesional. Debido ao enfoque vivencial e experimental que caracteriza a esta materia, os seus contidos estrutúranse en dous bloques diferentes que se imparten de forma paralela: - O primeiro deles é o que engloba os contidos teóricos da materia, coa intención de achegar unha ampla visión do fenómeno do xogo. - O segundo é o que desenvolve os contidos das sesións prácticas, cunha orientación flexible; é dicir, admitindo todas as achegas de interese que aparezan no transcurso das sesións, xa sexa procedentes dos alumnos, do profesor ou xurdidas da propia dinámica do grupo ou do xogo. Esta materia encóntrase situada no primeiro curso e os seus contidos relaciónanse con outras bases do comportamento humano, coas habilidades e destrezas na iniciación deportiva e coa expresión corporal e a danza. "Xogos e recreación deportiva" é unha materia obrigatoria, cun grande atractivo para os alumnos, que inmediatamente poden comprender a súa utilidade e posibilidades de aplicación directa a situacións reais, educativas, deportivas e recreativas. Consideración que permite supoñer no alumnado un alto grao de motivación, que facilitará o estudo e o traballo práctico.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes