Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Xogos e recreación deportiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A16 A18 A33 B15 C1 C3 C6 C7 Desenvolvemento de tarefas encomendadas ao longo de sesións teóricas e prácticas sobre un determinado contido para comprobar o nivel de adquisición e comprensión por parte dos alumnos. 20
Proba obxectiva A2 A3 B3 B5 B11 B16 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación das aprendizaxes dos contidos teóricos e prácticos, combinando distintos tipos de preguntas. 50
Traballos tutelados A2 A3 A5 A33 B4 B15 B16 B19 C1 C3 Realización en grupo pequeno (3 persoas) dun traballo sobre os contidos teóricos de cada tema para comprobar o grao de comprensión, facilitar a reflexión e entender a súa utilidade práctica.
Este traballo debe cumprir os criterios que aparecen descritos no apartado "observacións da avaliación".
30
 
Observacións avaliación

- A asistencia é obrigatoria. Para optar á avaliación final é necesario cumprir un mínimo do 70% de asistencia nas sesións prácticas e un mínimo do 70% de asistencia nas sesións teóricas. Para os alumnos con matrícula a tempo parcial será permitido non cumprir a asistencia mínima nas sesións teóricas, pero non nas prácticas.

- Todos os apartados da avaliación deben ser aprobados para que poidan terse en conta na cualificación final. O resultado da cualificación final será a suma de cada apartado na súa porcentaxe correspondente.

- Os apartados da avaliación que fosen aprobados non será necesario repetilos na oportunidades seguinte (xullo), nin en convocatorias de seguintes cursos, sempre que se manteñan os mesmos criterios de avaliación. En caso dalgún cambio aplicarase a Guía Docente do curso en vigor.

- A redacción do texto da proba obxectiva será en castelán. Se algún
alumno desexa obtela en galego, deberá solicitalo cunha semana de
antelación a data oficial da proba.

- Todos os traballos e tarefas encomendadas deben ser presentados correctamente redactados e sen faltas de ortografía para poder ser avaliados.

- Todos os traballos e tarefas encomendadas deben respectar os seguintes aspectos formais: paxinación, tamaño de fonte 12, interlineado sinxelo e xustificación do texto.

- O traballo tutelado entregarase escrito a man, utilizando o papel por ambas as dúas caras, e aterse á estrutura seguinte: portada con título do traballo e autores, índice, introdución, obxectivos do traballo, desenvolvemento do traballo, conclusións e bibliografía. A ausencia ou incorrección de calquera destes apartados ocasiona o suspenso do traballo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes