Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Xogos e recreación deportiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A16 A18 A33 B15 C1 C3 C6 C7 Desenvolvemento de tarefas encomendadas ao longo de sesións teóricas e prácticas sobre un determinado contido para comprobar o nivel de adquisición e comprensión por parte dos alumnos. 50
Proba obxectiva A2 A3 B3 B5 B11 B16 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación das aprendizaxes dos contidos teóricos e prácticos, combinando distintos tipos de preguntas. 50
 
Observacións avaliación

- A asistencia é obrigatoria. Para optar á avaliación final é necesario cumprir un mínimo do 70% de asistencia nas sesións prácticas e un mínimo do 70% de asistencia nas sesións teóricas. Para os alumnos con matrícula a tempo parcial será permitido non cumprir a asistencia mínima nas sesións teóricas, pero sí ddben cumprir nas prácticas, puidendo escoller o horario de acordo cos profesores.

- Os alumnos lesionados poden participar nas prácticas ben como árbitros, xuices ou animadores dos xogos, pero deben asistir ás sesións e implicarse activamente.

- O resultado da cualificación final será a suma de cada apartado na súa porcentaxe correspondente.

- Os criterios de avaliación son os da Guía Docente do curso en vigor.

- A redacción do texto da proba obxectiva será en castelán. Se algún
alumno desexa obtela en galego, deberá solicitalo cunha semana de
antelación a data oficial da proba.

- Todos os traballos e tarefas encomendadas deben ser presentados correctamente redactados e sen faltas de ortografía para poder ser avaliados.

- Todos os traballos e tarefas encomendadas deben respectar os seguintes aspectos formais: paxinación, tamaño de fonte 12, interlineado sinxelo e xustificación do texto por ambos lados, e aterse á estrutura seguinte: portada con título do traballo e autores, índice, introdución, obxectivos do traballo, desenvolvemento do traballo, conclusións e bibliografía. A ausencia ou incorrección de calquera destes apartados ocasiona o suspenso do traballo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes