Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades acuáticas e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A11 A12 A18 B2 B5 B6 B7 B8 B11 B19 B20 - Calquera traballo presentado que non sexa orixinal, perderá a puntuación correspondente.
- Calquera traballo con apartados copiados, perderá a puntuación correspondente, ao igual que o traballo do alumno que permita a copia.
- Non realizar as prácticas ou non entregar a memoria de prácticas de calquera dos traballos tutelados, unha vez que o alumno se ha comprometido á súa realización, a través da plataforma virtual (Moodle), implicará a perda do 15% da nota final da materia.
- É obrigatoria, como mínimo, a entrega do traballo en formato dixital.

Propóñense dous traballos ao longo do curso de carácter voluntario:

1. Traballo de prácticas externas (15%):

- Para que a memoria sexa avaliada deberase axustar ás normas específicas contempladas na plataforma Moodle da materia.
- En caso de ser maior a demanda dos alumnos para realizar esta actividade que a oferta de prazas determinaranse os alumnos participantes en función da puntuación obtida no apartado lecturas ata a data da oferta.
- Data de entrega: 10 días naturais despois de finalizada a última práctica na escola.

2. Traballo de prácticas internas (15%):

- Para a súa cualificación será obrigatoria a participación en polo menos o 70% das clases teórico-prácticas, as cales poderán desenvolverse tanto na piscina como na aula.
- Para que o traballo sexa avaliado debe atender ás normas xerais de presentación contempladas na plataforma Moodle da materia.
- Data de entrega: aconséllase entregar unha semana despois da conclusión da última clase práctica; non se recollerá ningún traballo durante as dúas semanas previas á firma de actas.
- Poderase solicitar calquera documento manuscrito utilizado durante o desenvolvemento das prácticas.
30
Práctica de actividade física A5 A11 A21 A25 A27 A33 B1 B2 B4 B11 B17 - Exame final de execución sobre contidos desenvolvidos nas prácticas.
- A avaliación só se considerará con apto ou non apto, non existindo outro tipo de valoración.
- Este apartado é obrigatorio e a non realización deste ou a non superación, en conxunto, das tarefas formuladas ou das cuestións realizadas implicará non aprobar a materia.
- Previo á realización do exame práctico cada alumno deberá presentar en formato dixital (documento dispoñible en Moodle):
a. Tempos empregados en cada un dos contidos traballados relacionados con cada un dos test de avaliación solicitados.
b. Tempo total por sesión de práctica física relacionada co punto 1.
c. Tempo total empregado en cada un dos contidos relacionados con cada un dos test solicitados de avaliación ao longo de todas a sesións.
d. Tempo de práctica total, resultado da suma dos apartados do punto 3.

- Previa á realización do exame práctico poderase formular unha titoría práctica de carácter obrigatorio.

- Tareas concreta a realizar serán as seguintes:
a) Mergullo de cabeza e deslizar en posición de mínima resistencia ata alcanzar 7.5 m sen efectuar ningún tipo de propulsión.
b) Partindo dende a superficie, xunto á parede do vaso, somerxerse e recoller, antes de saír á superficie, 3 obxectos situados no fondo e a unha distancia de 5, 7.5 e 10 m, respectivamente, con respecto á situación de partida.
b) 100 m nado crol con respiración lateral en menos de 100 s realizando viraxes elementais; o 2º parcial realizarase con respiración bilateral.
c) 25 m pés braza con táboa
d) 25 m nado braza - con correcta coordinación entre as accións de Brazos - Respiración - Pernas.
e) 25 m pés costas cos brazos estendidos diante da cabeza
f) 15 s pés de bicicleta estático, cos brazos cruzados sobre o peito.
h) 15 m pés de bicicleta, cos brazos cruzados sobre o peito.

- Poderase interromper a avaliación práctica no momento en que unha das probas, atendendo á orde indicada, non sexa superada.
- Se se considera oportuno, poderase formular adicionalmente, a avaliación doutras tarefas realizadas durante as sesións prácticas.
0
Presentación oral B7 B9 B16 C1 Exposición pública do resumo dunha lectura, dunha reflexión ou dos aspectos máis destacables dun dos traballos tutelados (carácter voluntario):
- A presentación deberá estar ben preparada, seguindo unha orde das formulacións e demostrando un dominio de materia a expoñer.
- A exposición do traballo tutelado poderá realizarse en pequeno grupo.
- A presentación, se se desexa, poderá contar con soporte audiovisual.
- Tras a exposición tanto o resto dos alumnos coma o profesor poderán realizar preguntas ou suxestións.
15
Lecturas A27 B1 B7 B9 B15 C7 Ao longo do curso presentarase a través de Moodle unha serie de controis para motivar á lectura dos documentos facilitados, así como para estimular o estudo e a resolución de dúbidas (carácter obrigatorio). 0
Proba mixta A11 A18 A21 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B7 B9 C1 Exame final teórico de toda a materia impartida na materia, no cal se incluirán os contidos tratados nas prácticas; o tipo de exame será de exposición escrita (preguntas de desenvolvemento temático e preguntas de respostas breves) e/ou cuestións obxectivas. 32.5
Foro virtual B7 B16 C1 C6 Exposición de calquera dos problemas achados durante as sesións prácticas, xa sexa de situacións vivenciadas nas prácticas da propia materia ou ben das prácticas realizadas na escola de actividades acuáticas; así como de cuestións relacionadas con calquera outro aspecto do temario (carácter voluntario):
- A participación ha de estar documentada e ser reflexiva.
- A mera participación no foro non implica obter cualificación ningunha.
2.5
Prácticas a través de TIC A5 B4 B9 A lo largo del curso se presentará a través de TICs (Moodle, Kahoot, Symbaloo) una serie de controles para motivar a la lectura de los documentos facilitados, así como para motivar el estudio y la resolución de dudas (carácter obligatorio).
Para que este apartado puntúe es necesario:
- cubrir cuestionario sobre adquisición de competencias de la materia al inicio y final del cuatrimestre.
20
 
Observacións avaliación
1. Requisitos indispensables para aprobar a materia, serán, pola seguinte orde:
1.a. Asistencia polo menos ao 70% das sesións para todos aqueles alumnos matriculados na materia por primeira vez ou no caso de segunda matrícula ou posterior se non se completou con anterioridade a porcentaxe indicada. No caso de que un alumno, presente razóns xustificadas documentalmente que lle impidan a asistencia ao 70% das clases deberá realizar un exame sobre cuestións e procedementos metodolóxicos do ensino das habilidades acuáticas, expostas durante o desenvolvemento da materia, en situación simulada na propia piscina.
1.b. Que o resultado do exame teórico sexa igual ou superior a 5.00.
1.c. Que o resultado do exame práctico sexa "apto".
1.d. Que a media ponderado resultado dos distintos elementos de avaliación sexa igual ou superior a 5.00; pola contra haberase de repetir o exame teórico. Segundo o exposto, a nota final obterase como resultado da media ponderado dos distintos apartados da avaliación, considerando que calquera porcentaxe correspondente a unha actividade que non sexa realizada, nin obrigatoria, pasará a integrarse no apartado do exame teórico-práctico.

2. Criterios de actuación cos estudantes lesionados na avaliación da práctica da actividade física:
2.a. Os alumnos lesionados poderás solicitar a adaptación das tarefas motrices a realizar nas probas de avaliación.
2.b. No caso de que a lesión non permita a realización da avaliación práctica esta levará a cabo nunha posterior oportunidade da mesma ou outra convocatoria.

3. Observacións con respecto ás convocatorias de exame e ás puntuacións das preguntas de exame:
3.a. Cada convocatoria consta de dúas oportunidades (xuño e xullo). Cando nunha mesma convocatoria un alumno ten unha cualificación de "non presentado" nunha oportunidade e "suspenso" na outra, no seu expediente constará na convocatoria como "suspenso".
3.b. Na folla de exame, a puntuación de cada pregunta farase explícita no caso de que as preguntas teñan un valor diferente.

4. Mantemento de notas na segunda oportunidade da convocatoria:
Manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación logrados na primeira oportunidade de cada convocatoria.

5. Mantemento de notas en convocatorias posteriores:
5a. Manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación logrados en convocatorias anteriores, exceptuando o caso dun posible cambio do docente que imparta a materia.
5.b. Os criterios para as convocatorias extraordinarias serán os mesmos aos xa establecidos.

6. Consideración en casos de matrícula parcial:
6.a. Primeira oportunidade: manteranse os requirimentos expostos para a matrícula ordinaria; é dicir, o alumno deberá realizar as tarefas expostas para as apartado "Práctica a través de TICs" e a "proba mixta" xa que son de carácter obrigatorio; o resto son de carácter optativo, de modo que para a obtención da nota final atenderase ao establecido no punto 1 do presente apartado "observacións de avaliación", aínda que só se requirirá do 80% de asistencia ás clases prácticas.
6.b. Segunda oportunidade e convocatorias posteriores: aplicarase o establecido nos anteriores apartados 4 e 5.

7. Idioma do exame
O exame estará no idioma de impartición da materia; se algún alumno desexa unha copia do exame no outro idioma oficial da UDC, deberá solicitalo ao profesor, como mínimo, unha semana antes da data da súa realización.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes