Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades acuáticas e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A5 A6 A8 A12 A15 A16 A17 A18 A20 A21 A25 A26 A27 A33 A36 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B16 B19 C1 C3 C4 Realización dun traballo teórico-practico sobre o proceso de ensinanza/aprendizaxe de unha habilidade acuática a un/ha compañeiro/a. 10
Proba mixta A1 A4 A6 A7 A8 A10 A11 A12 A13 A15 A22 A25 A26 A29 A31 A33 B5 B7 B9 C1 Exame escrito consistente:
- Preguntas de tipo test.
- Preguntas de resposta breve.
45
Proba práctica A5 A7 A8 A11 A16 A17 A18 A20 A21 A25 A26 A27 A33 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B16 B17 C1 C4 C5 C6 C7 Execución na piscina de habilidades acuáticas practicadas, que grabanse en video, observación e identificación de errores sobre a propia grabación e proposta de exercicios de aprendizaxe. 45
 
Observacións avaliación

Requírese a asistencia e participación activa polo menos ao 70% das sesións prácticas. O incumprimento desta norma imposibilita a superación. Para os estudantes a tempo parcial este requisito redúcese ao 60%. Para DAN (deportistas de alto nivel) pode chegar ata o 50%. O/a alumno/a que non cumpra este requisito será considerado "Non Presentado" e deberá volver a matricularse no seguinte curso.

Nas sesioóns prácticas a asistencia e participación activa significa realizar as actividades acuáticas propostas para vivencialas e demostrar o seu dominio. Os/as estudiantes que por causa de lesión ou enfermidade non poidan bañarse deberán elaborar unha reflexión por escrito sobre o observado na sesión e entregala no prazo máximo dunha semana despois da sesión observada, para considerar que cumpliron a asistencia.

Para todo o alumnado realizaráse un exame escrito con preguntas tipo test e de resposta breve. O exame estará no idioma de impartición da materia, si se desexa no uotro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización. Para os/as que non participaran de forma activa nas sesións, ademáis haberá un exame práctico na piscina sobre os contidos impartidos (o mesmo día unha vez rematado o exame teórico). Os/as alumnos/as que cumpliron o 70% de asistencia e participación activa tendrán a parte práctica xa recoñecida.

Para optar á máxima nota (matrícula de honra) deberáse elaborar un traballo teórico-práctico, consistente no análise e reflexión sobre o proceso do ensino/aprendizaxe  dunha habilidade acuática a un grupo ou suxeito real. Esta opción contemplase solo no caso de obter un sobresainte.

Porlo tanto, a nota final para os que cumplan coa asistencia consiguese da siguinte maneira:

- Alumnos/as que cumplen coa asistencia e participación activa: exame teórico.

- Alumnos/as que cumplen a asistencia pero non entraron na auga: exame teórico e exame práctico.

- Alumnos/as con nota sobresainte (9), podrán optar a matrícula de honra entregando o traballo.

As datas do exame son as que aprobanse no calendario académico. Para o traballo voluntario de opción a matrícula de honra o prazo máximo é un día anterior a la data de peche de actas.

O traballo debe tratar ao menos os seguintes apartados:

- Introducción (presentación do traballo e xustificación da elección).

- Descripción da habilidade acuática elexida (analizando os retos que supón, a dificultade ou o nivel de esixencia….).

- Caracterización do suxeito/grupo que vai a aprendella (¿Qué capacidades ten?)

- Evaluación inicial (¿De ónde partimos? Experiencia anterior, aprendizaxes relacionados, nivel de dominio da habilidade acuática…)

- Progresión da enseñanza proposta (¿Qué tarefas propóngolle? ¿Con qué formato de práctica?).

- Evaluación final (¿Qué nivel de dominio conseguira?).

- Reflexión sobre o proceso e propostas de mellora.

- Referencias bibliográficas consultadas.

Este traballo pódese realizar de forma individual si se dispone dun alumno/a ou grupo real voluntario. Pero pódese facer en parellas, de modo que cada membro da mesma sirva de “aprendiz” ao outro. Cada un puede tener como obxectivo unha habilidade diferente, ou a mesma, si comparten intereses e nivel.

Os criterios de evaluación na segunda oportunidade da mesma convocatoria só varían no caso de ter suspensa a parte practica. En lugar de ter que repetir o exame práctico, os/as alumnos/as deberán entregar un traballo teórico-práctico, consistente no análise e reflexión sobre o proceso do ensino/aprendizaxe  dunha habilidade acuática a un grupo ou suxeito real. Si o/a alumno/a cumplió coa asistencia non é necesario que a repita en derradeiras convocatorias.

A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).

Ademáis, según a Ley de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, de 25 de febreiro de 2022), o fraude académico, considerase falta moi grave, puidendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico hata su total cumprimento; así como, a pérdida de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académico calquer comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendimento académico (art. 11).

Coa finalidade de mellorar o sistema
de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado
atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral,
respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas e cuxa
chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas
que avalían a docencia do profesorado en cada
materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes