Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Voleibol e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A25 A26 O/a estudante deberá recompilar, ordenar, desenrolar e completar as descripcións técnicas e tarefas de aprendizaxe das habilidades técnico-tácticas os xestos técnicos vistas na clase 10
Recensión bilbiográfica A25 A26 O/a estudante poderá realizar unha recensión bibliográfica dos libros, revistas técnicas e artigos que teñan relación cos temas traballados en clase 5
Proba mixta A25 A26 -Preguntas de resposta breve
- Deseño de sesión práctica
- Proba de dominio técnico-táctico básico (apto/non apto). O estudante terá que acadar o apto na proba de dominio técnico-táctico para superar a materia.
75
Traballos tutelados A5 A25 A26 B4 Os/as estudantes organizarán titorizadamente, e en pequeno grupo, unha sesión orientada a alumnos de secundaria na que asumirán o rol de profeso de voleibol 10
 
Observacións avaliación
Para aprobar a materia será necesario asistir como mínimo ao 70% das sesións interactivase obter o aprobado na proba mixta, tanto no exame teórico como na proba dedominio técnico/táctico.

Gardaranse as partes aprobadas para próximasconvocatorias.

No caso de estudantes lesionados ou en corentena e que contencon parte de baixa diagnóstico médico) o profesor poderá considerar apto na proba de dominio técnico-táctico a partir do desempeño mostrado polo/a estudante ao longo do curso.

Na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán osmesmos que na primeira e gardaranse os aprobados da primeira oportunidade nasdiferentes metodoloxías.

Os criterios de avaliación nas seguintes convocatorias serán os mesmos, gardándose as partes aprobadas en convocatorias anteriores.

O exame teórico será realizado en castelán, no caso de que algún alumno desexe oenunciado en galego deberá solicitalo ao profesor cun mes de antelación á datado exame.

Os/as estudantes con matrícula a tempo parcial terán que asistir como mínimo ao 50% das sesións para poder superar a materia, sendo o único elemento que se modifica na súa avaliación.

Os estudantes que non alcancen a porcentaxe mínima de presencialidade nas prácticas, non poderánaprobar a materia.

Non están contempladas outras alternativas de avaliación para a segunda oportunidade.

Nas metodoloxías avaliadas como Apto/NonApto, poderáselle outorgar ao estudantado a cualificación Apto+, que será produto dun desempeño de alta ou excepcional calidade en dita metodoloxía. A cualificación Apto+ suporá ata 1 punto (por cada metodoloxía) a sumar na nota final da materia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes