Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades ximnásticas e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A11 A25 A26 A33 B2 B8 Integra as seguintes probas:
- Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
- Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
- Proba de axilidade ximnástica igual á presente nas probas de acceso ao grao. Considerarase superada coa obtención da puntuación mínima exposta ao principio do curso. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
40
Portafolios do alumno A7 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B3 B4 B7 B10 B17 C1 C3 Cartafol realizado en grupos de dous ou tres estudantes cuxa información baséase en recompilar, ordenar e completar as descricións técnicas e as tarefas de aprendizaxe para cada unha das habilidades ximnásticas estudadas en clase.
A información escrita deberase acompañar de imaxes fixas ou en movemento dos autores realizando as diferentes tarefas de aprendizaxe recollidas no documento.
5
Proba mixta A1 A7 A8 A9 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B7 C1 Integra as seguintes probas:
- Proba escrita composta por preguntas de ensaio e de resposta breve sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
- Proba escrita composta por preguntas de ensaio e de resposta breve sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
40
Solución de problemas A5 A8 A9 A11 A18 A26 A33 B1 B2 B4 B11 Traballo grupal do alumnado no que terán que compor e executar un exercicio de conxunto integrando os diferentes tipos de habilidades estudadas e cumprindo as esixencias expostas polo profesorado 5
Prácticas a través de TIC A1 A8 A9 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B7 B8 C1 Promedio das cualificacións obtidas nas diferentes tarefas realizadas ao longo do curso en cada un dos bloque temáticos impartidos e presentadas a través das canles Moodle e/ou Microsoft Teams. 10
 
Observacións avaliación

1. Asistencia

A PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NAS SESIÓNS PRESENCIAIS E UN FACTOR QUE DETERMINA O PROCESO DE AVALIACIÓN.

2. A porcentaxe mínimo de asistencia para a avaliación será do: 70%

Os/as alumnos/as que participen, como mínimo, no 70% das sesións presenciais deben obter o 50% da máxima puntuación posible nas diferentes partes da PROBA MIXTA e da PROBA PRÁCTICA para consideralas superadas.

Os/as alumnos/as que NON participen, como mínimo, no 70% das sesións presenciais deben obter o 65% da máxima puntuación posible nas diferentes partes da PROBA MIXTA e da PROBA PRÁCTICA para consideralas superadas.

3. Os apartados e subapartados (metodoloxías) que son requisitos para superar a materia son:

1ª e 2ª Oportunidade:

Proba Mixta. Integra as seguintes probas:

- Proba escrita sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS.

- Proba escrita sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES ACROBÁTICAS.

Proba Práctica. Integra as seguintes probas:

- Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS.

- Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES ACROBÁTICAS.

Proba de Axilidade Ximnástica no Chan.

4. Os criterios de mantemento de partes superadas para a 2ª oportunidade son:

Todas aquelas probas xa superadas na 1ª oportunidade conservarán a súa cualificación para a 2ª oportunidade.

5. Os criterios de mantemento de partes superadas en futuras convocatorias de avaliación son:

Mentres na guía docente non cambie o profesorado o as metodoloxías de avaliación, as probas obrigatorias superadas e as cualificacións do resto de metodoloxías de avaliación realizadas, manteranse para convocatorias de cursos posteriores ata que o/a alumno/a cumpra todos os requisitos para superar a materia na súa totalidade.

6. Alumnado con matrícula parcial.

1ª e 2ª Oportunidade:

Os/as estudantes con matrícula parcial que acrediten unha asistencia superior ao 50% das sesións presenciais da materia solo deben obter o 50% da máxima puntuación posible nas diferentes partes das PROBAS MIXTA e PRÁCTICA para consideralas superadas.

7. Dispoñibilidade dos idiomas con relación as probas escritas de avaliación (non só a proba final).

As probas escritas estarán dispoñibles no idioma de impartición da asignatura. Si se desexan noutro idioma deberá solicitarse unha semana antes da data de realización.

8. Contémplase a posibilidade de opcións alternativas de avaliación para casos especiais xustificados:

Os/as alumnos/as discapacitados/as o incapacitados/as temporalmente para a práctica motriz, poderán solicitar a adaptación das tarefas motoras a realizar nas sesións e nas probas de avaliación, no grao que as competencias a obter na materia o permitan.

9. Al realizar probas on-line, empregarase a plataforma da UDC o sistemas recoñecidos por esta.

Si

10. Implicacións do plaxio na realización das probas o actividades de avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes