Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades ximnásticas e a súa didáctica
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Habilidades ximnásticas e a súa didáctica/620G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Pedagoxía da actividade física e do deporte/620G01001
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002
Teoría e historia da actividade física e do deporte/620G01003
Bases da educación física e deportiva/620G01004
Xogos e recreación deportiva/620G01005

Materias que continúan o temario

Observacións

Dentro dos diferentes contidos que se estudan ao longo da materia o alumnado debe prestar especial atención ós contidos teórico – prácticos, tanto nos seus referentes meramente regulamentarios, como nos relativos á técnica de realización das diferentes habilidades e ás progresións e axudas para o seu ensino. Dado o carácter motor da materia, faise moi necesaria a vivencia persoal das diferentes situacións de aprendizaxe propostas nas sesións lectivas para a verdadeira comprensión dos contidos. Pola prevalencia de metodoloxías teórico - prácticas na materia, recoméndase ao alumnado a práctica motora das tarefas e habilidades estudadas nas clases, ben de forma individual ou formando parte das actividades do obradoiro enfocado ao festival o reunion ximnástica interuniversitaria denominada “Gimnastrada interINEFs”. Para favorecer a aproximación á realidade da Ximnasia nos seus niveis de iniciación, recoméndase a observación de adestramentos en escolas de ximnasia (hai varias nas propias instalacións da facultade) e a asistencia como espectador/a ás diferentes competicións de carácter autonómico.


Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas” e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes