Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Psicoloxía da actividade física e do deporte
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Psicoloxía da actividade física e do deporte Código 620G01011
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Arda Suarez, Antonio
Correo electrónico
antonio.arda@udc.es
Profesorado
Arda Suarez, Antonio
Correo electrónico
antonio.arda@udc.es
Web
Descrición xeral A Psicoloxía aplicada ao Deporte e á Actividade Física ofrece ao estudante unha experiencia formativa, tanto esde o punto de vista académico como persoal e profesional, desenvolvendo as competencias necesarias para que poida aplicar os recursos psicolóxicos que corresponden, estritamente, ao seu desempeño profesional, diferenciándoo do que concierne aos psicólogos. A Psicoloxía estuda a conduta humana e os procesos implicados nesta. Á súa vez, a conduta está en función da contorna física e social que a enmarca e require a participación de múltiples sistemas fisiológicos. Por tanto, ao estudar a conduta no ámbito da Actividade Física e Deportiva, é indispensable tomar en consideración as características do escenario en que se emite dita conduta, así como a condición orgánica do individuo. A Psicoloxía aplicada ten como obxectivo fundamental, utilizar o coñecemento científico desenvolvido por esta disciplina para beneficiar ás persoas, axudándoas a lograr os seus obxectivos, modificando ou implementando as variables que dificultan o seu funcionamento óptimo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se modifican os contados 2. Metodoloxía Metodoloxías docentes que se manteñen: Sesión maxistral (realizase mediante Teams) Sesións prácticas: os exercicios simulados mantéñense, sendo presentados de maneira grupal mediante o Power Point de Office 365, empregando a opción de gravación de voz que permite o sistema para a realización das explicacións dos exercicios. Metodoloxías docentes que se modifican: Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Teams, Utilízase para a realización da docencia, respectando os horarios establecidos pola xunta de facultade para o curso académico. 3 Sesións semanais. Utilízase para as titorías individuais e grupais, nun número aproximado de 5-10 titorías por semana. Esencial para a realización dos traballos baixo titoría (exercicios-prácticas). Outlook: Utilízase como vía de comunicación académica esencial, todos os días. Moodle: Utilizase para proporcionar material aos estudantes e recibir comentarios dos estudantes. Utilízase de 3 a 5 veces por semana. 4. Modificacións na avaliación: Non se modifica. Os grupos de traballo (os mesmo organizados ao principio do curso) realizarán una presentación dos exercicios requiridos polos profesores no desenrolo de cada tema. Os exercicios serán preparados con PowerPoint (mediante o Office 365, recurso proporcionado pola UDC). O exercicio será plasmado nas diapositivas do PowerPoint, e será explicado polos estudantes mediante a ferramenta de gravación dispoñible no propio PowerPoint. Esta é unha metodoloxía xa coñecida para os estudantes. As presentacións serán enviadas por email aos profesores que as avaliarán. A presentación non se realiza a través de Teams por parte dos estudantes para garantir que, mesmo os estudantes con conectividade limitada, poidan presentar os exercicios. Os profesores, tras revisar as presentación. Poderán facer preguntas aos estudantes sobre as mesmas, neste caso a través de Teams (ou email no caso de que o estudante non teña conectividade). Cada exercicio cualificarase sobre 10 puntos, correspondendo 5 ao contido, e 5 á calidade expositiva da presentación. Para a segunda oportunidade, mantense a mesma metodoloxía de avaliación. Os estudantes non presentados na primeira oportunidade serán avaliados cos mesmos criterios, tendo que presentar todas as prácticas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes