Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Psicoloxía da actividade física e do deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A15 B7 B9 B12 B16 B20 C1 C6 C7 Deberáse presentar publicamente ante o grupo de prácticas os resultados da análisis das fontes documentais mediante unha exposición audiovisual durante 10 minutos e deberán respostar ás posibles preguntas dos seús compañeiros/as ou o profesor. 80
Traballos tutelados A15 B7 C1 C7 Deberá presentar unha proposta de intervención no ámbito da psicología do rendimiento 20
 
Observacións avaliación

 . A cualificación final da asignatura consta da suma ponderada da parte práctica grupal (análise de fontes documentais, preparación da presentación oral e presentacións pública) e un traballo tutelado individual (optativo e condicionado).

- Para poder realizar o traballo tutelado individual o estudante deberá ter unha nota de 7 na parte práctica grupal.

. A asistencia ás sesións teóricas (sesión maxistral) non será obrigatoria.

. Á parte práctica grupal (análise de fontes documentais, preparación da presentación oral e presentación pública) é obrigatoria a asistencia de todolos membros do grupo (70% das mesmas). 

. Só se evaluarán as prácticas dos alumnos/as que asistan as sesións expositivas realizadas polo seu grupo.

. Os estudantes que non teñan a asistencia do 70%, podrán presentarse a un examen final teórico. Os criterios son os mesmos para a segunda oportunidade.

. Os estudantes que nos superen a asignatura coas metodoloxías presencias (análise de fontes documentais, preparación da presentación oral e presentación pública) deberán facer un examen final teórico.

. Os alumnos/as con matrícula parcial deberán ter asistencia ao 50% das sesións.

. Os alumnos/as que teñan matrícula parcial poderán realizar a práctica en titorías personalizadas. 

. O exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitarase unha semana antes da data de realización”

. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Ademais,  segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes