Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Aprendizaxe e control motor
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos B3 B5 B7 C7 C8 Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta.
7.5
Prácticas clínicas B2 B3 B5 B7 B13 C8 Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta.
7.5
Prácticas de laboratorio A22 A35 B4 B12 B20 C3 C6 C8 Será obrigatorio a inclusión, na plataforma/aplicación dixital establecida, dos datos obtidos nas prácticas; iso permitirá realizar a análise dos mesmos, xerar novas formulacións e responder a preguntas relacionadas a través de cuestionarios ou de novas situacións prácticas. 30
Proba mixta A14 A27 B1 B2 B9 B10 B11 B13 B16 C1 C2 Proba realizada ao finalizar a materia, na data prevista de exame. 40
Proba obxectiva A22 B7 B9 B13 C3 Durante o curso presentarase a través do campus virtual unha serie de probas obxectivas relacionadas cos contidos teóricos, que poderán levar a cabo durante as propias clases presenciais, co fin de motivar a asistencia, o estudo continuo e a resolución de dúbidas. 15
 
Observacións avaliación

1. Asistencia:

  • Esíxese asistencia para a avaliación da metodoloxía "prácticas de laboratorio".
  • Esíxese asistencia para a avaliación da metodoloxía "proba obxectiva" para todas as actividades realizadas nas clases presenciais.

2. A porcentaxe mínima de asistencia para poder optar á avaliación de "prácticas de laboratorio" será do 70% (grupo mediano e de prácticas):

  • No caso de falta de asistencia, por causas xustificadas (acreditar mediante documentación) poderase solicitar a realización da práctica o proba obxectiva en horario de titoría do profesorado que a impartira, no período establecido para a súa posible recuperación.

3. Avaliación para as distintas oportunidade:

  • 1ª oportunidade:
    • Respecto á realización da proba mixta:
      • O resultado da proba mixta terá que ser igual ou superior a 5.00 para realizar a media ponderada cos restantes elementos da avaliación. 
      •  Na folla do exame, a puntuación de cada pregunta farase explícita no caso de que as preguntas teñan un valor diferente.
    • Respecto ás metodoloxías “prácticas de laboratorio” e "probas obxectivas": o resultado da súa cualificación terá que ser igual ou superior a 5.00 para realizar a media ponderada dos restantes elementos de avaliación; obténdose tal cualificación en función das actividades e probas propostas durante o curso académico.
    • A media ponderada resultado dos distintos elementos de avaliación terá que ser igual ou superior a 5.00 para superar a materia. 
    • Respecto ás convocatorias de exame: cada convocatoria consta de dúas oportunidades (xuño e xullo); cando nunha mesma convocatoria se teña unha cualificación de "non presentado" nunha oportunidade e "suspenso" na outra, no seu expediente constará "suspenso" en dita convocatoria. 
    • Pódese optar por realizar só a metodoloxía "prácticas clínicas" ou só a metodoloxía "eventos científicos e/o divulgativos" nese caso pódese chegar a obter ata 1.5 puntos en calquera dos dous apartados. 
      • No caso de que "prácticas clínicas" e/o "eventos científicos e/o divulgativos" non poida ofertarse, ou ben o alumnado non poida ou non desee realizalas; ou no caso de realizalas, que a súa puntuación sexa porcentualmente inferior á obtida na proba mixta a súa porcentaxe na avaliación incorporarase ao da proba mixta para non afectar á cualificación final.
  • 2ª oportunidade:
    • Mantéñense os mesmos requirimentos que na 1ª oportunidade.
    • No caso de non superarse a avaliación correspondente ás prácticas obrigatorias e/o ás probas obxectivas estas deberanse levar a cabo no seguinte curso académico.

4. Criterios de mantemento de partes superadas na 2ª oportunidade:

  • Manteranse as cualificacións obtidas en calquera das actividades correspondentes ás metodoloxías contempladas na avaliación, na primeira oportunidade de cada convocatoria, se o alumnado así o desexa.

5. Criterios de mantemento de partes superadas en futuras convocatorias:

  • Manteranse as cualificacións obtidas en calquera das actividades correspondentes ás metodoloxías contempladas na avaliación, logradas en convocatorias anteriores, exceptuando o caso dun posible cambio dos docentes que impartan a materia.
  • Os criterios para as convocatorias extraordinarias serán os mesmos aos xa establecidos.

6. Alumnado con matrícula a tempo parcial:

  • Atención personalizada: as numerosas actividades contempladas na metodoloxía probas obxectivas así como a documentación integrada no Campus Virtual da UDC, facilitará a todo o alumnado o estudo da materia; existindo a posibilidade de atención personalizada, nos horarios de titorías establecidos polo profesorado, ben de forma presencial ou ben a través de MS Teams.
  • Avaliación:
    • 1ª oportunidade:
      • A avaliación realizarase do mesmo xeito que para o resto do alumnado con matrícula a tempo completo; de igual forma, o peso da avaliación e o % de asistencia será o mesmo que para o resto do alumnado.
      • Probas obxectivas: facilitarase o seu acceso nun período diferente no caso de non poder ser realizadas no previamente establecido (requírese solicitude antes de concluír prazo de realización establecido).
      • Prácticas de laboratorio: poderase solicitar a realización da práctica en horario de titoría do profesorado que a impartira, no período establecido para a súa posible recuperación (requírese solicitude antes de concluír prazo de realización establecido).
  • 2ª oportunidade:
    • A avaliación realizarase do mesmo xeito que para o resto do alumnado con matrícula a tempo completo; de igual forma, o peso da avaliación será o mesmo que para o resto do alumnado.
7. Dispoñibilidade dos idiomas en relación ás probas escritas de avaliación (non só á proba final):
  • Tanto a proba mixta como as probas obxectivas e as relacionadas coas prácticas de laboratorio presentaranse no idioma no que se imparte a materia (castelán):
    • Quen desexe realizar a proba mixta noutra lingua oficial da UDC deberán solicitala durante o primeiro mes do cuadrimestre no que se imparte a materia.
8. Alternativas de avaliación para casos especiais xustificados:
  • Cada caso existente será tratado de forma particular, atendendo ás súas circunstancias, sen menoscabo dos resultados de aprendizaxe.

9. Para a realización de probas on-line, se houbese, empregarase a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta.

10. Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación:     

A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo. 4 b). 

Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo. g).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes